_
_
_
_
LUCES

"Xirarei', de Xil Ríos, é puro pop bailábel"

Carlos Valcárcel ergue en solitario o Projecto Mourente inspirado en Fangoria e New Order

O home detrás de Projecto Mourente chámase Carlos Valcárcel. Desde o computador do seu cuarto gravou as once cancións que compoñen Baixo os eucaliptos, o disco máis descargado do selo dixital A Regueifa, e deitou ao mundo o seu pop electrónico de aire bailábel. "Sei que Baixo os eucaliptos acadou as 3.000 descargas de balde", apunta Valcárcel. "Logo deixei de mirar, porque me dá así como vertixe". N'A Regueifa explican que o traballo do Projecto Mourente foi solicitado 7.000 veces só no primeiro mes de edición. "Dobre disco de ouro, se consideramos que a proporción galega do disco de ouro anda polos 3.500 exemplares", aseguran no portal electrónico.

"A Internet é a chave da explosión do pop en galego", afirma Carlos Valcárcel. "Tamén resultou fundamental a aparición das novas tecnoloxías informáticas", prosegue, "que multiplican as oportunidades, a facilidade de produción e de edición". Se observadores, participantes activos e acabados de chegar a esta neomovida musical galega coinciden en algo, é en salientar o papel da rede. Para o creador do Projecto Mourente, e malia a que o renovado contexto político puído contribuír, "de non haber cambio e Goberno bipartito, todos estes grupos agromarían igual, porque o central do asunto atópase en Internet".

Projecto Mourente comezou como un agasallo para os amigos. "Eu sempre fixen música na casa, que logo pasaba aos amigos", conta Carlos Valcárcel, "pero ao gravar Baixo os eucaliptos, decidín penduralo en Internet". Cando as cancións de Projecto Mourente entraron en contacto cos ouvidos do promotor d'A Regueifa, a orixinal proposta de Carlos Valcárcel revelouse publicamente. "Respectaban a licencia creative commons e fiquei convencido por completo", di.

Para Valcárcel, "até o de agora, o pop en galego reducíase, sen dúbida, a Andrés Do Barro, ao que eu admiro, as súas melodías magníficas, as súas referencias ao de aquí...". Máis sorpresa causa a defensa de Xil Ríos nun proxecto, o Mourente, que remite a Pet Shop Boys, Fangoria ou New Order. "Xil Ríos, aínda que semelle unha parvada, é puro pop bailábel; en Xirarei mesmo mete programacións electrónicas", argumenta Valcárcel.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_