_
_
_
_
LUCES

Trinta anos dunha colleita de excelente calidade

A producción poética das tres últimas décadas demostra que a literatura galega vive un dos seus momentos máis interesantes

Tendo en conta a excelenta calidade literaria da poesía galega dos últimos trinta anos e o número de poemarios publicados neste período, non é ninguna boutade nin exercicio de petulancia afirmar que nos atopamos diante dun dos momentos máis interesantes da nosa historia literaria. E isto que dicimos da poesía tamén se podería facer extensivo á narrativa e ao teatro.

1. Algúns dos poetas da xeración de 1936 comezaron a súa obra nos anos da II República, pero o groso da súa produción literaria desenvólvena na posguerra e algúns deles vana continuar no período que estamos a referenciar. Aquí imos aludir á obra de cinco poetas: C.E. Ferreiro, Pura Vázquez, M. González Garcés R. C. Calero e A. Cunqueiro.

2. O mesmo podemos dicir dos membros da Promoción

de Enlace - por empregar a coñecida denominación de Xosé Luis Méndez Ferrín - nados arredor dos anos 20, que se dan a coñecer a finais da década dos 40 e nos primeiros 50. A súa obra de plenitude e maior esixencia ve a luz nestes anos. Así o podemos comprobar na obra de Antón Tovar á de Manuel Cuña Novás ou á de Luz Pozo Garza.

3. A xeración dos 50, nados nos 30 -Manuel María (1929), Novoneyra (1930)- ou moi a comezos da dos 40 -Arcadio López-Casanova (1942)- son poetas de marcada personalidade e cunha obra perfectamente definida. Os títulos publicados nese período por Manuel María, Uxío Novoneyra, Méndez Ferrín, Arcadio López-Casanova, Xohana Torres, Bernardino Graña, Manuel Álvarez Torneiro, X.A. Cribeiro, Avilés de Taramancos, Franco Grande ou María Xosé Queizán son mostras do bo facer destes autores e da esencia para coa palabra poética plural, algo que veñen practicando desde finais dos 50 con grandísimo acerto.

4. Sen lles querer roubar importancia e protagonismo contributivo poético aos autores antes mencionados, o certo é que a poesía galega deste período tivo como centro de referencia aos autores que se dan a coñecer na década dos 80. Non obstante, desde hai algún tempo, comparten protagonismo con poetas máis novos que entran en escena por volta dos 90.

Manuel Vilanova, Vítor Vaqueiro, Manuel Rivas, Pilar Pallarés, Miguel Anxo Fernán Vello, Lois Pereiro, Eusebio Lorenzo Baleirón, Román Raña Lama, Paulino Vázquez, C. Sánchez Iglesias, Xulio L. Valcárcel, Ana Romaní, Xesús M. Valcárcel, Chus Pato, Darío Xohán Cabana, X. Rábade Paredes, Xavier R. Barrios, Xavier R. Baixeras, X.M. Álvarez Cáccamo, Luís G. Tosar, A. Pexegueiro, Anxo Quintela, Luísa Villalta, Manuel Forcadela, Millán Picouto, Vicente Araguas, Fermín Bouza Álvarez, Anxo Angueira, Ramiro Fonte, Xavier Seoane, Claudio Rodríguez Fer, Fiz Vergara Vilariño, Xoán Manuel Casado, Marica Campos, Xoán Manuel Casado, Antón Reixa ou Gonzalo Navaza forman unha nómina de autores que se moven en poéticas e rexistros moi variados, pero que comparten a procura e a necesidade de achar novos modos de expresión e avances na identidade plural a través do gusto pola palabra, a preocupación polos aspectos formais do poema e pola modernidade poética que se alicerza na tradición máis de noso. O amor, o tempo, a morte, a presenza da natureza, o canto elexíaco, o civismo e a epicidade ou a reflexividade escritural son formulacións temáticas que pairan nas súas obras.

5. Os poetas dos 90 fixeron da poesía un exercicio de nos involucrar no cotián: reivindican o coloquialismo, practican unha mirada crítica e tenra, sensual e irónica. Hai unha grande presenza de mulleres poetas, como Olga Novo, Helena de Carlos, Cristal Méndez, Isolda Santiago, Anxos Romeo, María Lado, Helena de Carlos, Yolanda Castaño, Marta Dacosta, María do Cebreiro, Emma Couceiro, Emma Pedreira. Lucía Aldao...

Aos nomes citados poderiamos engadir unha lista de poetas máis que xenerosa, pero só mencionarei nomes cunha obra que é xa máis que unha promesa: Xosé Manuel Vélez, X.M. Millán Otero, Manuel Xosé Neira, Miro Villar, Manuel Outeirño, Martín Veiga, Fran Alonso, Modesto Fraga, Rafa Villar, Fran Alonso, Estevo Creus, Eduardo Estévez... E isto fainos ver o futuro da poesía cun máis que moderado optimismo.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_