"Moitos proxectos en Galicia só procuran a subvención"
Aínda que só conta 32 anos, o currículo do ferrolán David Barro semella o dunha persoa que ten vivido moito máis. Á marxe da súa constante actividade no eido da arte contemporánea -profesor na Universidade de Porto, comisario de diversas exposicións e crítico - Barro leva xa anos implicado no mundo da edición de libros e publicacións de arte. Recentemente creou a editorial Dardo, que está a publicar unha revista de arte contemporánea, convertida en pouco tempo na máis vendida do sector en Portugal e Brasil. A súa última aventura chámase Serendipia, unha revista cultural que aspira a rachar moldes en Galicia e que vai dirixir o seu pai, o coñecido xornalista Juan Barro, quen compaxinará o seu traballo en TVE co novo proxecto. Por unha vez non é o fillo o que vai traballar na empresa do pai, senón xustamente ó revés. Tratándose dunha iniciativa comandada por David Barro é de agardar que as cousas non se fagan polo camiño máis doado.
Pregunta. ¿En que vai consistir Serendipia?
R.Vai ser unha revista sobre a cultura visual en Galicia e falará, dun xeito diferente ó que fan outras publicacións, sobre arte, cinema, deseño, literatura, ... Contará cun deseño moi coidado, máis semellante ó que teñen as revistas de moda ou de interiorismo ca ós das revistas culturais que temos agora. Iso sí, sempre sen descoidar os textos.
P.¿É doado sacar adiante proxectos innovadores en Galicia?
R. En Galicia non se procura moito o innovador, os proxectos preséntanse só co obxectivo de atopar unha subvención que os manteña e non están baseados no rigor. Ó remate dá a impresión de que as iniciativas serias non son compatibles co apoio público, e o que adoita suceder é que os proxectos fundamentados son os que duran.
P. ¿Que se pode facer para mellorar esta situación?
R. Temos que evitar que se produzan fraudes como a feira Puro Arte en Vigo ou o encontro-feira do Proxecto-Edición que se ten celebrado recentemente en Pontevedra. Este é un exemplo claro dunha iniciativa aparentemente ambiciosa, pero o que fai é trabucar o alternativo co pouco riguroso. Ademais, os politicos do país deben procurar máis información sobre os proxectos que apoian para dar prioridade ó rigor por enriba de votos e ideoloxías.
P. Como experto na arte contemporánea ¿cal cre que é a situación dos novos artistas galegos?
R. Eu penso que ás veces obsesionámonos moito con lanzar demasiados nomes de novos artistas ao estrelato. Hai unha gran cantidade de premios para que xurdan novos valores, pero o que pasa moitas veces e que algúns anos máis tarde eses nomes quedan esquecidos. Moitos destes artistas vense obrigados a facer esforzos que despois non conducen a ningures. Seica teríamos que apoiar de xeito máis decidido pero menos aleatorio. Hai tempo que tomei a decisión de apoiar a aqueles artistas nos que confíe cegamente. Noutras comunidades apoianse máis ós artistas que aínda son mozos pero contan cunha traxectoria contrastada. O contrario é crear falsas esperanzas
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
¿Tienes una suscripción de empresa? Accede aquí para contratar más cuentas.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.
Archivado En
Últimas noticias
Estados Unidos ataca al Estado Islámico en Nigeria tras las amenazas de Trump por los asesinatos de cristianos
Se eleva a 10 el número de fallecidos al volcar un autobús en Veracruz
La Fiscalía de Ciudad de México confirma que el hombre asesinado en la Zona Rosa era El Panu, jefe de seguridad de Los Chapitos
Navitrans, una cena de navidad para personas LGBT+ en condición de calle y trabajadoras sexuales
Lo más visto
- Víctor Bermúdez, profesor de Filosofía: “Hemos perdido el control del proceso educativo, lo que damos en clase es en gran medida un simulacro”
- Zelenski confirma que cualquier pacto con Rusia deberá ser ratificado en referéndum
- La revalorización de las pensiones queda en el aire por la negativa de la derecha a apoyar otras medidas sociales
- “Un jardín con casa, no una casa con jardín”: así es la premiada vivienda de 146 metros cuadrados que se camufla con la vegetación
- TVE se reivindica (con pulla) en su gran noche televisiva




























































