O país que se estende
A súa lingua tampouco tiña límites. Viu que o galego seguía en África, en Brasil, polo mundo...
Valentín Paz Andrade é ese personaxe que leva anos a peregrinar sen encontrar o seu lugar na nosa memoria cívica, porque non era de ninguén, só del propio. A súa identidade foi insistir teimudamente, a pesar da historia, en ser quen era e conservar lealdades innegociábeis. Como o sectarismo nos nosos medios culturais e políticos é moi acusado, o prezo por non ser de ninguén é non ter un lugar. A ver se llo facemos desta.
Ao galeguismo fracturouno fisicamente o golpe de estado e a Guerra Civil e partiuno de vez a ruptura entre o interior e o exilio, entre Piñeiro e Castelao. Extinguíronse Castelao e o Consello da Galiza e prevaleceu a interpretación da historia, da lingua, do país, de Piñeiro. Paz Andrade era distinto desa corrente ideolóxica e política, o piñeirismo. Teño sinalado como a procedencia dos galeguistas republicanos, ben do interior do país ou ben das cidades e vilas costeiras, con cadansúas experiencias ben distintas, deu visións diverxentes do país. O de Paz Andrade era un galeguismo tan rexo como dialéctico, dinámico e aberto ao mundo. Foi dunha das xeracións que viviron a República e ficaron marcadas pola esperanza, a abertura ao mundo, a confianza na historia, o cultivo da liberdade persoal… Cando o golpe do 36, Paz Andrade é un home feito de 38 anos que vive nunha cidade febril, cun percorrido intensísimo na vida persoal, profesional e política. O seu galeguismo nace pé do océano e baixo o sol de Vigo. Paz Andrade era decididamente Atlántico.
Para el Galiza comezaba nas nosas montañas, baixaba por chairas e vales deica a costa e logo estendíase polo o océano cara África, América… O seu país non tiña límites. Porque non tiña, non concebía reducir a Galiza a catro provincias españolas vencidas e nunca renunciou a Castelao. A Dirección General de Prensa a toda a prensa: “8 de Enero de 1950. Habiendo fallecido en Buenos Aires el político republicano y separatista gallego Alfonso Rodríguez Castelao se advierte lo siguiente: La noticia de su muerte se dará en páginas interiores y a una columna.(...) Se elogiarán únicamente del fallecido sus características de humorista, literato y caricaturista. Se podrá destacar su personalidad política, siempre y cuando se mencione que aquella fue errada y que se espera de la misericordia de Dios el perdón de sus pecados. De su actividad literaria y artística no se hará mención alguna del libro Sempre en Galiza ni de los álbumes de dibujos de la guerra civil. Cualquier omisión de estas instrucciones dará lugar al correspondiente expediente”. Valentín publicou unha necrolóxica no suplemento de letras do diario santiagués La Noche. Remataba: “Sin que doblaran a muerto todas las campanas de Galicia, en la noche séptima del año naciente, más allá del Atlántico, entre el hervor espeso de Buenos Aires, se ha plegado, gallegos, nuestra mayor bandera”. Esas páxinas non duraron alén dunhas semanas.
Non renunciando a Castelao non renunciaba á existencia dun Goberno galego aló no exilio, non renunciaba a Galiza como nación, non só unha cultura particular. E porque a súa Galiza non tiña límites, a súa lingua tampouco non. A súa experiencia profesional internacional e o seu espíritu emprendedor facíanlle ver até que punto a nosa lingua se continuaba na África, no Brasil, polo mundo...
Aquel empresario poeta tivo a vida dun aventureiro: foi avogado, empresario, xornalista, dirixente político, sufriu un atentado, foi preso, sufriu outro atentado, volveu ser desterrado, economista, experto en pesca internacional, escritor literario... Un solitario e incansábel militante da esperanza galega en todas as frontes.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.