_
_
_
_

Deslealdade e ‘cachondeo’

O Premio Cervantes exclúe aos escritores españois en linguas que a Constitución chama “españolas”

Morreu Xaime Isla Couto. Os irmáns Isla Cout, con Paz Andrade e outros nomes vigueses, eran unha síntese da industria e da ideoloxía galeguista. E que útil non ten sido ese galeguismo que aunaba idealismo e sentido da realidade social. Sentido de realidade simplemente. Os límites do nacionalismo galego nacido nos anos sesenta veñen de nacemento, de extraviarse polas vereas da literatura ideolóxica e dos catecismos. Xaime Isla sabía o que perdemos no ano 36, e o desvalida que ficou a nosa lingua. E a literatura.

Estes días pasados a prensa publicaba os títulos de libros de ficción e de poesía que merecían o galardón da Asociación de Críticos de España. Un romance, El día de mañana de Ignacio Martínez de Pisón e un poemario, Obituario de Tomás Segovia. Ambos en castelán, debera dicir “naturalmente”. Como un sabe de que vai a cousa, procurei no fondo da noticia e nun último parágrafo apuntábanse dous libros en euskera, dous en catalán e dous en galego (Laura no deserto, de Antón Riveiro Coello, e Cráter, de Olga Novo) que tamén mereceran o galardón. O libro de Martínez de Pisón, unha persoa chea de engado e un escritor moi dotado e orixinal, é un romance verdadeiramente interesante que reconstrúe con acerto unha vida singular e, ao tempo, un momento da historia recente, a Transición. Iso non quita que Riveiro Coello sexa un novelista probado e que os seus libros merezan a lectura e a comparanza con calquera outros. E non coñezo a obra do falecido Tomás Segovia, estamos en tempo aínda que el xa non; porén, Olga Novo tamén ten unha voz poética propia probada. A redacción da noticia, pois, é un exercicio de ocultamento, desprezo prepotente e falta de educación. Esa xerarquización dos libros non responde a méritos literarios senón a prexuízos ideolóxicos e a unha acción consciente que se repite cada ano. Tampouco non é un mérito particular de quen redactase as notas, é simplemente a aplicación das regras do xogo na política de linguas en España, moi concretamente nos medios de comunicación madrileños.

E o pasado luns, día 23 de Abril, Día do Libro, entregouse o Premio de Literatura en Lengua Castellana Miguel de Cervantes 2011 a don Nicanor Parra Sandoval baixo a presidencia das Súas Maxestades os Reis. Don Nicanor Parra é natural, veciño e nacional chileno. Está ben que o premien con ese galardón, responde a unha política con perspectiva e inteligente. Política da lingua. Lástima que dese premio se exclúan ás persoas con cidadanía española e residentes no Reino de España que son escritores noutras linguas que a Constitución intitula “españolas”. Tamén é política da lingua. Iso si, non por iso nos eximen de impostos, non deixamos de financiar esa promoción da lingua castelá. Un exemplo de deslealtade e un desprezo e falta de educación absolutas por parte desa xente.

Cada ano o Ministerio envía un elegante cartón co convite a asistir á cerimonia de entrega dese premio (traxe escuro, chaqué ou traxe académico). Como os nosos libros son excluídos dese premio de modo ostensíbel por discriminación lingüística e ideolóxica, convidar a un escritor en lingua galega a concelebrar un rito tan humillante é puro rexoube e cachondeo. Supoño que vai sendo hora de que o próximo ano, se tal acontece, devolva cortesmente o cartón do convite aos remitentes. Non finxamos que nos sentimos respectados cando nos cospen.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_