_
_
_
_
Entrevista:RINOCERONTE EDITORA | Luces

"Quen nos dese ser peza cobizada por empresas"

A irrupción de Rinoceronte Editora contribuíu a axitar as augas do campo literario galego. A editorial aparecía hai agora dous anos, en Cangas do Morrazo, co único obxectivo de publicar traducións ao galego de literatura contemporánea e facíao con O bosque dos raposos aforcados, do finés Arto Paasilinna, e con Seda, do italiano Alessandro Baricco. "A nosa vontade inicial non era traballar como editora delicatessen ou minoritaria", lembra o director editorial e tradutor Moisés Barcia, "senón encher o oco de traducións de literatura contemporánea". Non resulta menor a parte da crítica que atribúe a Rinoceronte a actual, aínda que relativa, vizosidade das versións en galego de autores nas editoras centrais.

"O que nos sobran son ideas e proxectos para facer que Rinoceronte medre", continúa Barcia, "pero o país é o que é". E malia a que o tradutor do Decamerón confesa que non quere parecer pesimista, afirma que o mercado en Galiza "non dá para medrar moito máis". "Penso que os editores adoito non falan de cifras máis que nada por vergonza", di, e degraña de memoria datos do último informe sobre a lectura en España: "Somos os penúltimos en lectura e os últimos en compra de libros". Dos volumes vendidos, apenas o 10% están en galego.

Para o editor, o perigo de concentración empresarial albíscase afastado. "Quen me dese que Rinoceronte fose unha peza cobizada polas multinacionais", ironiza, "como en Cataluña hai editoras en catalán que pertencen a grandes corporacións; aquí, polo volume económico, non é posíbel". O responsábel de Rinoceronte remata argumentando sobre as subvencións ao sector editorial: "Existen as subvencións, pero menos, proporcionalmente, que no sector lácteo ou no do automóbil".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_