_
_
_
_
Entrevista:EDICIÓNS POSITIVAS | Luces

"O concepto 'alternativo' pode ser trampulleiro"

Se existe unha editora na Galiza que poida optar ao cualificativo, discutido e discutíbel, de "alternativa", esa é Positivas. Fundada en 1990 por Francisco Macías, Xelís de Toro e Henrique Costas, a editorial compostelá leva publicados 81 títulos. "O noso meirande éxito foi A revolta dos animais, de Orwell [en versión galega de Antón Dobao]", rememora Macías, o único dos fundadores que segue á fronte de Positivas.

"Mais o concepto de alternativo pode resultar trampulleiro, porque ao final vende máis ese alternativo que Alfredo Conde", afirma divertido, antes de recoñecer que "alternativa ao que hai si que é, para si naceu". Positivas arrincou con Ártico, o debú narrativo de Xavier Queipo, e editou a Antón Reixa, Charles Bukowski, Manuel Outeiriño ou Lois Pereiro. O poeta barcelonés en galego Xoán Manuel Casado chegou a escribir que "Xerais debería pagarlle nómina a Positivas" nunha época na que a empresa de Macías e De Toro descubría autores que ao pouco se facían co certame que convoca Xerais. "Manuel Seixas ou Xavier Manteiga comezaron en Positivas", confirma.

Francisco Macías, que asegura ter á fin unha "idea clara do que debe ser Positivas, 18 anos despois", lembra como a formulación inicial do proxecto reducíase a "unha mestura de enredo e opción persoal". "Os pequenos arriscamos e os grandes ao final dan en asumir os nosos riscos", opina, "pero iso sempre foi así".

Edicións Positivas atópase nun intre de reconversión. O seu director asegura non lle ter medo a un mundo novo: "Non son un fetichista do papel e penso comezar cos audiobooks". O responsábel do selo que editou O dereito á preguiza, de Paul Lafargue, dubida pero afirma: "Se cadra o papel só foi unha pausa na historia da literatura".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_