_
_
_
_
Entrevista:URCO EDITORA | Luces

"Un mercado con dúas editoras sería aburrido"

Urco Editora apenas conta dous meses de idade e tres socios fundadores. Localizada en Santiago, Urco especialízase en literaturas de fantasía, ciencia ficción e terror. "A nosa intención é facer algo distinto, alternativo, ocupar un oco de mercado", explica o responsábel de liñas editoriais de Urco, Tomás González Ahola. Na propia páxina web da editora afírmase "a escasa presenza destes xéneros na literatura traducida ao galego, fragmentada en distintas editoriais e coleccións, catalogada especialmente baixo os criterios de clásicos ou de literatura xuvenil".

O corvo, de Edgar Allan Poe, é o primeiro título que Urco colocou nas librarías. Sleepy Hollow e outros relatos, de Washington Irving, e A filla do xigante de xeo, de Robert E. Howard, acompañan ao clásico estadounidense na proposta da editorial. "A nosa intención para o ano 2009 é tirar tamén obra de autores galegos", indica González Ahola, "pero antes imos creando unha base coa tradución de clásicos". Entre as novidades que anuncian atópanse H.G. Wells ou H.P. Lovecraft. "Nós poñemos na rúa, de xeito sistemático, unha serie de xéneros que achan saída e éxito noutros mercados pero que no galego escasean", argumenta.

Urco adhírese a modalidades abertas de xestión dos dereitos de autor e traballan con licencias creative commons e textos liberados de propiedade intelectual ou á utilización de software libre, á impresión dixital baixo demanda o libro ou a estratexias publicitarias a través de Internet ("penduramos a nova en chuza.org e ás dúas horas xa chamaban para se subscribir"). Para Tomás González, as pequenas editoras "deben procurar ocos no mercado e permitir a entrada de aire fresco; un mercado monopolizado por dúas ou tres editoras sería, ademais, aburrido".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_