Isaac e as causas perdidas
Para definir a túa vida escolliches a palabra fracaso. Aínda que, segundo Leonard Cohen, hai perdedores que son os máis fermosos, eu diría máis ben que o teu empeño estivo nas causas perdidas. E o fracaso non radica en soñar, senón en trocar os soños por cativas prebendas.
Niso empeñaches a vida: soños e construcións. Soñaches pinturas, fábricas, laboratorios, construíches editoriais, cerámicas, cantares de cego. E a memoria. Algúns dirán que a memoria é intanxible, porén a ditadura atribuíulle unha entidade real ao crebala, soterrala nas foxas, queimala en piras de libros (a pesar do mal que arden) ou, como ti ben dixeches, secuestrala. Talvez todas estas accións contribuíron á fin en tirar a memoria das brétemas do intanxible para o mundo real, pois non sería posible secuestrar ou crebar aquilo que non existe.
A memoria, as causas perdidas, acougaron no Laboratorio de Formas. Antes de que a recuperación da democracia permitise escaravellar na terra, desenterrando os ósos dos asasinados (sei que a palabra produce sobresalto, mais é tarefa da escritora chamar ás cousas polo seu nome), ti desde o Laboratorio, desde as Ediciós do Castro, escaravellabas nos estratos de silencios, tirando para nosoutros, os nacidos despois do naufraxio, as palabras impronunciables: liberdade, resistencia, Galicia ceibe, república, revolución. Se non había legón escarvabas coas mans, coas uñas.
En tempos de atroz invernía ti prendiches un facho que nos permitiu enxergar camiños borrados. Levantaches proxectos que proclamaban o país ter futuro. Mostraches que era posible resistir á mediocridade informe. Poucos conservaban a esperanza. Cómpre louvar hoxe a túa teimosía, levantando peza sobre peza, coa rabiosa paciencia do choedor que alza unha parede de pedra. Unha ponte entre os soños non realizados e o futuro. Mais, ¿debemos renunciar aos soños só porque até agora non se cumpriron? Ti, no último tramo, falto de táboas ou tixolos, estendiches o teu corpo facendo del unha ponte.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.