_
_
_
_
Reportaje:Luces

Cinema que rexistra outras vidas

O Museo do Pobo Galego recupera a conexión coa imaxe do seu primeiro presidente, 'Xocas', e organiza unha mostra de filmes etnográficos

Cando o francés Jean Rouch perdeu o trípode da súa cámara no río Níxer —corría 1946—, o cinema verité emerxeu como xénero. Se tes un dólar no peto fai filmes dun dólar e se non tes trípode, coloca o aparello no ombreiro. Con película de 16 milímetros, o cineasta rexistrou a caza dun hipopótamo e construíu os alicerces da imaxe en movemento aplicada á etnografía, que desenvolveu en África ao longo de décadas. Hai xa seis anos que o Museo do Pobo Galego, en Santiago, recolleu o testemuño de Rouch e organiza a Mostra de Cinema Etnográfico. O martes comezou a sexta edición, que se prolonga deica o vindeiro mércores, día 15.

"O cinema etnográfico ten a función de comunicar ao espectador sobre outros estilos de vida", expoñen na documentación do ciclo, "formas de entender as relacións humanas ou explicar comportamentos que poden resultar estraños ou incomprensíbeis para o esquema cultural dese espectador". Para achegar ese material á audiencia, o ciclo divide as súas proxeccións en tres categorías: a de cinema histórico —dedicada este ano a José Val del Omar (1904-1982)—, a sección Carlos Velo —dedicada a filmes de produción galega— e a dedicada aos traballos premiados na Muestra de Cine Etnográfico Espiello, na bisbarra oscense de Sobrarbe.

Más información
Acariño de Val del Omar

Probabelmente Galicia, a obra de Velo tronzada pola Guerra Civil, encaixaría na etiqueta de cinema etnográfico. No conxunto de filmes que se están a ver estes días no Museo do Pobo Galego na sección Carlos Velo aparecen, entre outros asuntos, as bandas de bombos do Baixo Miño e o norte de Portugal (De porta en porta, filme de Lisi González, día 11, ás 13.00 horas) ou a vida dun repartidor de alimentos en furgoneta (Días de reparto, de Jorge Coira e Iker Elorrieta, día 11, ás 21.00), os cabalos salvaxes (Ceibes no monte, un proxecto do IES Terra de Turionio, día 15, 19.30) e a romaría de San Ramón de Bealo (Retratos de romaría, de Toño Chouza, día 12, ás 12.00), un aventureiro que se achega aos xíbaros (Apash, os de fóra, de Cora Peña, día 12, ás 13.00 horas) e a emigración de obreiros andaluces cara a Cataluña (Memorias, norias e fábricas de lixivia, de María Zafra, día 14, 19.30).

A relación coas artes cinematográficas do Museo do Pobo Galego procede, precisamente, do primeiro presidente do seu padroado. Xoaquín Lorenzo, Xocas, explica a nota da mostra, legou á institución os dereitos da fita O carro e o home, co seu guión título central do cinema galego dirixido por Antonio Román. "Na década dos trinta, durante a II República, Xoaquín Lorenzo sentaba as bases da etnografía galegas mentres colaboraba con Antonio Román", engaden a xeito de lembranza do seu labor.

Nas instalacións de Bonaval, pero dentro da programación chegada de Espiello, hai materiais camboxanos (Bunong Guu Oh-Bunong's, prácticas de nacemento, de Tommi Mendel), ecuatorianos (Baltazar Ushka, o Tempo Conxelado, dos irmáms Guayasamín), australianas (Contacto, de Bentley Dean e Martin Butler), arxentinos (Boteros, de Martín Turne) ou austríacas (No bazar dos sexos, premio a o mellor documental etnográfico, de Sudabeh Mortezai).

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

"O cinema etnográfico naceu co propio cinema", aventuran dende a organización do ciclo e desmenten as teses da historiografía oficial do cinematógrafo: "O cinema documental, dende as súas orixes, desenvolve un método propio sobre como representar a realidade, sen conexión coa antropoloxía pero cunha mesma preocupación por refelectir o feito social. Isto provoca un achegamento pero tamén unha polémica".

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_