Selecciona Edición
Conéctate
Selecciona Edición
Tamaño letra
Luces

O regreso de Combo Dinamo

No seu primeiro disco -Decencia y buen gusto (2008)- traduciron, ao castelán, aos Devo de Freedom of choice. Para Quieto, muere, resucita!!!, os coruñeses Combo Dinamo escolleron a Brian Eno -por certo, produtor do debut de Devo en 1978: La aguja en el ojo del camello [The needle in the camel's eye]. Estas homenaxes explícitas contribúen a situar na cartografía pop a localización da banda.

Mutación confesa de Mistakens, grupo de militancia sixtie operativo na Coruña de finais dos noventa, logo de que, explicaron unha vez en entrevista, "unha luz guayabera aparecese no ceo e brillase sobre nós", Combo Dinamo regresan cun traballo autoxestionado e envorcado cara aos ritmos post-punk actualizados. Na nota promocional mencionan a grandes triunfadores de comezos de século -os escoceses Franz Ferdinand ou os ingleses Kaiser Chiefs-, pero as harmonías remiten directamente á psicodelia británica ou á contundencia freak-beat dos Who.

"O título deixa entornar as súas intencións: primeiro captan a túa atención, logo sacódente e e finalmente sorrís", explica o texto o título deste segundo longa duración, Quieto, muere, resucita!!!. Edgar No (voz, guitarra e teclados), Pablo Fidalgo (baixo e voces) e Pablo Silva (batería) aplican a formación trío a doce cancións en que o solista impón a lei da súa dicción lenemente histérica, na tradición oitenteira da que Combo Dinamo resultan debedores explícitos. Quieto, muere, resucita!!! gravouse nos estudios Abrigueiro, de Friol, coproducido pola banda e Arturo Vaquero.

* Este artículo apareció en la edición impresa del Viernes, 15 de abril de 2011