_
_
_
_
Análisis:Luces
Análisis
Exposición didáctica de ideas, conjeturas o hipótesis, a partir de unos hechos de actualidad comprobados —no necesariamente del día— que se reflejan en el propio texto. Excluye los juicios de valor y se aproxima más al género de opinión, pero se diferencia de él en que no juzga ni pronostica, sino que sólo formula hipótesis, ofrece explicaciones argumentadas y pone en relación datos dispersos

75 no Rockola, 75 no 'microshow'

Hai pouco, quero decir hai poucos anos, estaba eu traballando nos documentais para a TVG Raia Miño. Facía moitas viaxes de Madrid a Tui e viceversa. "Vés en avión, claro". "Chegas en dúas patadas e por dous pesos". "Voos baratos pillanse a esgalla". Eu contestaba que moitas veces viaxaba en bus. A partir da mención da palabra bus, ou pensaban que eras un pinflas -un marulo, vamos- que nin entendía o sistema Internet ou que eras un cutre.

Hoxe, tamén vou moito a Tui á ver á miña señora, que non é a Nossa Senhora dos portugueses, sinon que é a miña, a propia, ainda que non estea casado. E a traballar tamén vou. Hoxe, cando digo que viaxo en bus, quedo de crack. ¡Qué digo de crack! ¡De puto crack! Resístome a contar que, na parada obrigatoria en Puebla de Sanabria, non pido unha tapita de pementos do piquillo con crema de cogumelos, senón un bocata de xamón e un café, porque si non o ING Direct ábreme unha cartilla de Ahorrador del Año. Nesta altura, teño que decir que un espectáculo meu, Ruido Baixinho, ten características de show modesto. Non é un concerto de Víctor Coyote. É Ruido Baixinho, ou Ruido Bajito.

Quince minutos para 15 persoas. Nel únense a ventriloquia ca videocreación, as marionetas ca música, os textos-collage cas escenografías liliputienses. Témolo feito nun mini escaparate dunha tetería, no almacén de tremoia dun teatro, nun canastro, nunha cámara acoirazada, nun museo, nun cuarto das vasoitas. Montámolo, tocámolo, interpretámolo, proxectámolo e ventriloquiámolo dous ghichos. E facemos pases. Como o pase é de cuarto de hora, facemos catro ou cinco. Iso lévanos a un resultado de 60 a 75 persoas. O que son os números, dánseme ben. Imos entón saber por que o facemos. Porque compensa. É así. É lei de supervivencia: compensa. Internet está a producir unha atomización da cultura. A rede está chea de hits parciais. E eses pequenos hits son pequenos negocios. Pequenos negocios desprezados antonte pola sociedade precrisis. A xente que temos eses pequenos negocios non temos problemas de conciencia, ou sexa de repunancia, en funcionar con eles.

Doutra banda, Internet, que tamén propiciou a caída do modelo discográfico, está a facer que se vendan máis discos nos concertos que nunhas tendas de discos que case non existen. Hoxe, a maioría da música popular asemellese mais a aquela escena de Oh Brother!, o filme dos irmáns Coen, en que George Clooney e os seus colegas visitaban unha emisora local para cantar e dar a coñecer a súa música. As tecnoloxías da nova era da comunicación camiñando codo a codo co sistema arcaico de promoción e distribución. Mon Dieu!, fantastique!, que diría un portugués. Emigrado na França, claro. Ahora ben, retomando o cambio de mentalidade social precrisis e poscrisis, e o seu discurso, sintetizado no sibilino anuncio do ING Direct Yo soy Ahorrador do que antes falei, non estou disposto a facer apoloxía dos microespazos nin a dar titulares alporizados: "Liberdade artística no salón", "a creatividade vive nun espazo pequeno", "Cara a cara coa imaxinación" ou "a boa arte, en frasco pequeno". Eu, que vivín sen traumas o cambio do teleclub ao videoclub. Eu, que fún capaz de mudar do deseño con tesoiras ao diseño por computador. Eu, que reciclei sen traumas o portacassetes de marquetería do meu cuarto en colector de cables usb e firewire. Non estou preparado para mutar da prepotencia do Novoborriquismo á mais ecolóxica, guai e sostible Novamodestia. Á fin e ao cabo, logo de botar contas, as 75 persoas que viñan a ver tocar ós Coyotes ao Rockola nos oitenta seguen sendo 75, a día de hoxe, por moito que muden os tempos e os discursos.

O último disco de Víctor Coyote é Dos años luz y medio (2011)

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_