Selecciona Edición
Entra en EL PAÍS
Conéctate ¿No estás registrado? Crea tu cuenta Suscríbete
Selecciona Edición
Tamaño letra
Luces

As palabras xustas

Como un haiku en prosa, a rede social Twitter limita o número de caracteres, 140. A xeito de experimento, cun prazo de 48 horas, pedíronse tweets (anotacións) con intención literaria, coa etiqueta #luces para localizalos. Responderon Camilo Franco ("Condicións obxectivas. Eran miles. Berraban: o pobo unido nunca máis será vencido. Cargaron os ERE e saíron correndo cada un polo seu lado"), Xabier Cid ("As chamadas de Daniel -relato rivasiano-. Na soidade da ghaima, ao ditador pásanlle o móbil: ti vaille dando, di o home do bigote"), Tati Mancebo ("Oído a un borracho e tuiteado: "A fame é neghra. A fame é neghra como a miña sombra. Rosalía de Castro!"), Noguerol ("Cando estaba a piques de compartir unha historia extraordinaria, por desgracia acabaron os 140 caracteres. Fabas contadas...") e Florentino Míguez ("Por qué din 'persoal', 'íntimo' e 'introspectivo' cando en realidade é coñazo?"), entre outros, pero non moitos outros ("poucas #luces", twitteou Berto Yáñez).

Ampliando a chamada a Facebook, houbo algunha achegas máis: Marcos Lorenzo ("Himno do Paro: Es un muchacho excedente, es un muchacho excedente..."), Germán Rodríguez ("La realidad es un sueño con licencia de ocupación") e José Muñiz ("Oía la sirena cada vez más cerca mientras se alejaba con una leve sonrisa"). O que si houbo, debate (María Yáñez: "Xa estamos coa creación literaria. Que pasa, que o que se di en galego no Twitter non é relevante se non é literatura?"; Xabier Cid: "Só é literatura se o twittean escritores", Fernando Tawil "E son escritores se twittean literatura?") e información: Tati Mancebo avisou dun concurso de microrrelatos da rede LemosGalego; Julieta Lionetti, desde Arxentina, do experimento semifallido dunha novela en Twitter convocada por Clarín, e Pimpante da máis exitosa petición colaborativa do director Tim Burton. Da experiencia colaborativa (pero a modo) considérase "medianamente satisfeito" o dramaturgo Rubén Ruibal, que publicou en Internet un par de pezas a catro mans.

Este é o enlace do documento coas respostas completas http://xurl.es/hwaiv

* Este artículo apareció en la edición impresa del Viernes, 25 de febrero de 2011