_
_
_
_
Reportaje:Luces

O almacén sen fin do MEGA

O Museo da Emigración Galega de Buenos Aires afronta unha inxente tarefa de clasificación documental a pesar da súa escaseza de medios

Apenas catro persoas son as responsables da clasificación e investigación dos máis de cen mil documentos que forman o arquivo do Museo de Emigración Galega (MEGA) de Buenos Aires. Situado no barrio porteño de San Telmo, o museo foi creado en 2005 por iniciativa da Federación de Sociedades Galegas (FSG) de Arxentina, que ten a súa sede no mesmo inmoble. No seu almacén atópanse milleiros de documentos procedentes dos distintos centros galegos que pecharon as portas, do Centro Republicano de Buenos Aires, da propia FSG e de moitos particulares que doaron as súas pertenzas ao museo cando faleceron. As dificultades son moitas, pero o entusiasmo suple a falla de medios para desenvolver esta tarefa.

O entusiasmo suple a falta de medios para realizar as investigacións
O museo conserva unha colección completa do xornal 'Galicia'
Más información
Os papeis ciscados da emigración
A memoria do exilio vive nun piso porteño

O historiador Ruy Farías, responsable de investigación do MEGA, explica que nestes momentos existe un inventario de todos os documentos que forman o arquivo, aínda que está pendente o labor de catalogación do mesmo. O modelo de traballo do museo é o que se puxo en marcha co proxecto de restauración de fichas do arquivo do Centro Republicano. A través dun convenio cunha universidade porteña, un grupo de bolseiros traballou durante varios meses para restaurar as fichas. Deste xeito, conseguiuse realizar un traballo de restauración importante cun baixo custe e, ademais, contribuíuse á formación dos mozos que realizaron esta tarefa.

Farías apunta que un dos problemas cos que se atopan os investigadores para realizar o seu traballo é a falta de medios técnicos, como por exemplo un escáner para dixitalizar os documentos. "As axudas que poidan chegar para adquirir medios técnicos serían benvidas, porque temos bastante precariedade neste sentido", sinala o historiador, quen destaca que no arquivo hai documentos de gran valor para descubrir aspectos pouco coñecidos en Galicia sobre a emigración. Por exemplo, o grande esforzo que fixeron moitos emigrantes para axudar de formas moi diversas ás persoas que trataron de exiliarse en Arxentina tras a Guerra Civil ou que tentaban asentarse noutro país europeo.

O subdirector do MEGA, Miguel Chiloteguy, apunta que entre os próximos obxectivos do centro está a catalogación dos máis de 50.000 artigos sobre a Guerra Civil (procedentes de medios de comunicación de diversas partes do mundo) que existen no seu arquivo. Outro dos traballos pendentes é a dixitalización do xornal Galicia, editado pola FSG desde 1922 (inicialmente co nome El Despertar Gallego). O xornal é un instrumento moi importante para coñecer a historia política da FSG e para achegarse ao papel xogado polas institucións da colectividade como ámbitos de socialización dos emigrantes. O museo conta coa única colección completa deste xornal que existe no mundo.

A Xunta e a Deputación da Coruña teñen prestado apoio para desenvolver estes traballos, pero os esforzos feitos ata o de agora semellan insuficientes dada a magnitude da tarefa que queda por diante. Resulta paradoxal que mentres en Santiago acaban de inaugurarse amplos espazos destinados á conservación e exhibición de libros e documentación na Cidade da Cultura, en Buenos Aires haxa unha gran cantidade de documentación que está pendente de analizar e na que sen dúbida os investigadores poderían atopar material moi interesante para explicar moitas cousas sobre a emigración e os exiliados galegos e doutros puntos de España en Arxentina.

Aparte do traballo que se desenvolve no MEGA para a conservación do seu enorme arquivo, hai iniciativas particulares que tamén procuran a conservación da memoria dos emigrantes. Entre elas, unha das máis interesantes leva funcionando dende hai 30 anos. É o proxecto Lembranzas da Terra, que consiste en recompilar testemuños orais dos maiores de orixe galega que aínda viven en Arxentina, para que non se perdan os bailes e as cancións que escoitaban cando abandonaron a súa terra, hai moitas décadas. É un novo intento para manter vivas tradicións que esmorecen.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_