Selecciona Edición
Conéctate
Selecciona Edición
Tamaño letra
BIEITO IGLESIAS | Luces

"O referente é real e tópico á vez"

Memorias dun neno labrego ten a virtude de facer coincidir nun mesmo texto o realismo máis crú coa visión, só en parte inxenua, do neno que habita o rural galego dos anos corenta. Co tempo, este aspecto é o que máis valora o Bieito Iglesias (Ourense, 1957) ao volver ao clásico de Neira Vilas. Descubriu a Balbino sendo estudante de bacharelato e xa por entón o sorprendeu a novidade da novela. "Era diferente a todo o que lera antes", asegura o escritor, acostumado ás aventuras de Verne e Stevenson. "A primeira lectura mesmo me lembrou a Matar un ruiseñor polo seu entorno rural e o protagonista infantil", confesa.

Máis tarde chegaría a ideoloxía, a denuncia do abuso ao que estaban sometidos Balbino e os seus. Que o neno labrego pensara coma un home impactou profundamente a Iglesias na segunda lectura do libro. "O aspecto ideolóxico afogoume", recoñece. Malia todo, o escritor recoñece a vixencia da obra no tempo e no espazo. "O referente é a vez real e tópico, supoño que porque todos nos identificamos como descendentes do arado".

* Este artículo apareció en la edición impresa del Viernes, 17 de diciembre de 2010