_
_
_
_
Reportaje:Luces

Oficio de 'vespista'

Os retratistas en moto eran habituais nas décadas dos cincuenta e sesenta

A descuberta de Vieitez motivou o interese da comunidade académica e do eido artístico pola fotografía histórica que deu na recuperación de nomes que documentan usos e costumes dunha época. E, se cadra, esa mecha tamén prendeu a escala persoal, o que se comproba na proliferación de grupos sociais e culturais implicados na recompilación de instantáneas de épocas pasadas. En moitos casos, trátase de colectivos locais de pequeño tamaño que se vallen das redes sociais da Internet para espallar unha petición de colaboración dirixida á cidadanía da súa contorna próxima co afán de atesourar os recordos da comunidade e preservalos para o futuro.

A primavera pasada, o Clube Vespeinados de Vigo iniciou unha campaña de recollida de fotografías motivadas pola motocicleta dos seus amores e coa intención de construír un arquivo virtual, sen ánimo de lucro e dispoñíbel en aberto. Máis adiante, quizais veñan un libro e unha exposición, pero van sen présa, a velocidade de Vespa. "Xa temos ao redor de 300, o que significa que está habendo unha grande resposta, algo lóxico en Vigo, no que hai moita paixón polas Vespas", relata o coordinador da iniciativa, Pablo Osorio, un entusiasta da fotografía en branco e negro que manifesta a súa admiración por dous profesionais vespistas como Vieitez e Caamaño.

A moto cumpre dúas funcións fundamentais nos rexistros do clube: idealizar á persoa que posa para o retrato ou documentar un acontecemento. Así, aparecen carreiras de motos imposíbeis hogano en Praia América e en Bouzas nos anos oitenta, concentracións de vehículos na rúa do Príncipe ao estilo italiano nos anos cincuenta, a frota dunha autoescola nos setenta, os repartidores da distribuidora de medicamentos nas súas escúters e mesmo cregos vespeiros, como o párroco de Coia, Miguel Martínez Sobreira, que se pasou á moto despois de predicar dacabalo e chegou a ter varios vehículos, e Fernando Muñoz, a quen os seus fregueses de Baiona agasallaron cunha Vespa, mercada por suscrición popular. Ter unha moto non era como ter un haiga, os ostentosos coches dos indianos, "eran propias da clase obreira, da xente emprendendora, a Vespa se mercaba para saír adiante", apunta Osorio, quen se decanta polas fotografías máis antigas.

A pescuda permitiulles entrar en contacto con fotógrafos vespistas como Iglesias, en Vigo, e Agilda, en Oza dos Ríos, depositarios dun arquivo considerábel; coñecer historias de viaxes de Galicia a Madrid cunha moto de tres marchas que non superaba os 60 km/h para visitar a unha moza ou para participar nunha carreira, e descubrir personaxes como o carteiro da parroquia viguesa de San Paio que lle facía un oco na súa Vespa ao tal Suso O Mintireiro, sen que este deixase de levar ao seu cabalo polas bridas. "Polo de agora, resulta complicado establecer a existencia de vontade de estilo, porque dispoñemos de poucos arquivos completos. As fotografías adoitan chegar en unidades desde cada remitente", explican.

Unha das anécdotas máis curiosas aínda é unha incógnita. De súpeto, Osorio decatouse de que tiña catro rexistros procedentes de diferentes doadores, entre eles, os seus propios pais, nos que figuraban nenos ou mozos posando na mesma moto. A función do vehículo é idealizante, como as dos fotógrafos populares, pero se distinguen polas expresións de ledicia dos retratados. Todas as fotos foran realizadas entre a década dos cincuenta e a dos sesenta en diferentes festas parroquiais de Vigo e, aqueles que o lembran, recordan posar para un home corpulento que locía bigote fino, mais aínda non apareceu o informante que lle poña nome a aquel profesional que cobraba unha ou dúas pesetas por cada retrato nas feiras. O fótografo ambulante descoñecido daba a escoller o posado entre os seus dous reclamos: un sombreiro mexicano e a Vespa. "Claro que escollín a moto", evoca José Mirás, que daquela tiña 13 anos e facía que pilotaba a Vespa co seu amigo Quinito de paquete. "Mágoa que estivese apoiada nos estribos, sen eles a foto daría a sensación de ir en marcha". As caras son elocuentes: "Para nós, ter unha Vespa era soñar espertos".

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_