_
_
_
_
Reportaje:LUCES

Arte en rebaixas

O drástico recurte no CGAC bate nas galerías privadas e desloce a programación

"É como se a Cultura non lle importase nada o Centro Galego de Arte Contemporánea, anque logo si hai diñeiro para traer a David Meca". É o primeiro que bota fóra Maria Luísa Sobrino, catedrática en Santiago e membro do Padroado do centro "ata que fomos despadroados". O órgano asesor do único museo nacional de Galicia, canda o Museo do Pobo, foi disolto hai un ano e non hai novas ao respecto.

"Recuperar o esplendor do CGAC" e facelo máis autónomo, posiblemente en rexime de fundación, foron algunhas das promesas do conselleiro de Cultura, Roberto Varela, hai un ano, cando o portugués Miguel Von Hafe tomou posesión do cargo. Tal parecía o regreso de Anish Kapoor, Medardo Rosso ou Giovanni Anselmo, en por xunto e con patrocinio privado. Lonxe da "independencia" política -que pasaría por reformar un regulamento de 1996- e dos orzamentos estables que entón se garantían, o museo non ten web desde xullo. A promesa cumprida atinxe ás compras institucionais: igual có ano pasado, os únicos investimentos en obra do CGAC -en 2008 eran 600.000 euros, a maior ampliación da colección- redúcense aos 100.000 euros do convenio con Arco.

"É como se non lles interesase", critica a profesora María Luísa Sobrino
"É precisamente agora cando hai que apoiar as galerías", afirma Barro
Natalia Poncela: "Por que os recurtes delimitan a nosa realidade artística?
"Houbo unha vaga de diñeiro e non se aproveitou", di o ex DF Fran Álvarez
Más información
"Sempre hai pouco espazo nos museos"

"Existen recurtes, si, pero a cuestión é a lexitimación de quen, de a quen, de por que se delimitan os orzamentos públicos e, nomeadamente, de por que estes recurtes delimitan a contorna da nosa realidade artística", apón a crítica Natalia Poncela. Non lle parece que a actual situación do CGAC sexa un bo resume da estratexia cultural do Goberno galego. "A política cultural gobernamental e os recurtes no museo deberían ser cousas ben distintas. Principalmente, cando o primeiro que dixeron foi que o centro se encamiñaría 'desde xa' a converterse en organismo autónomo. Hai tantos anos que se ten falado disto...".

No que atinxe ás galerías, as opinións difiren máis do que parece, anque non semella un momento acaído para falar sen cancelas. No que queda de semana, Arco debería dar a coñecer a selección de galerías convidadas á feira de Madrid en 2011 (este ano foron Ad Hoc, Bacelos e Factoría Compostela). "Como os tempos están así, qué queres que che conte", advirte a presidenta de turno dos galeristas galegos, Marisa Marimón. "Haberá galerías ás que os recurtes no CGAC lle supoñan unha barbaridade, pero hai outras que apenas venden a institucións". Marimón describe unha visión da resistencia semellante á do propio museo: alongar as exposicións e aforrar en proxección internacional (no caso dos espazos privados, reducindo a presenza en feiras). Inés Ramiro, da viguesa Ad Hoc, remarca a rebaixa "en toda a cadea de valor", desde os proveedores aos artistas. "O nivel do coleccionismo privado en Galicia [arredor dunha ducia de grandes compradores, a maioría lonxe da idade de doar] unido aos recurtes de museos e fundacións e que os bancos non dan crédito... Non sei onde imos parar". Esperan que Cultura revalide as axudas que tiveron en 2010. 45.000 euros dos case 100.000 que levaron daquela, ofrecidos por Cultura no mesmo torreiro da feira viguesa Espacio Atlántico, tras criticaren a escaseza de compra interna.

Alí estivo, como director artístico, David Barro, agora asesor da feira que Cultura quixo publicitar hai un ano coma "o Arco atlántico". Desde a súa encomenda actual como responsable de Look Up!, o proxecto-acción que se celebra en Porto ata finais de decembro -con artistas galegos como Suso Fandiño ou Álvaro Negro-, Barro fala de apoiar as galerías galegas "precisamente nestes momentos". "Unha mostra como a de Iran do Espírito Santo en Santiago é máis propia dun museo que dunha galería, e ese esforzo non está sendo recompensado". Na busca de proxectos "substentables no social e no económico", o exemplo teno en Porto, con 54 artistas en nove ses diferentes e un custe total de 117.000 euros, menos do que vale unha exposición institucional. En Portugal promoven os xoves empresarios.

Noutra marxe, o madrileño Fran Álvarez pechou a galería compostelá DF hai un ano porque o negocio "non era sostible". "Se apenas hai coleccionistas e ademais fas propostas arriscadas...". Entre elas, o Statement #1(Mexar fóra do testo) de Rubén Santiago, un tubo con 121 litros de auga e ouríns activado por Internet e exposto, a partir do concepto de afirmación categórica, no baño e na porta da galería. Para Álvarez, a multiplicación de museos e fundacións con obra non foi aproveitada na súa época: "O diñeiro dos museos foi supetamente a gran vaga, e perdeuse unha oportunidade. É complicado porque nós somos un negocio, si, pero facemos un labor social que non se renumera, sobre todo se van verte 400 persoas e ninguén gasta un peso".

"Penso que o problema de Galicia é o hábitat", di. "O hábito é que o que pasa nun sitio, sexa Vigo, A Coruña ou Ferrol, pasa só nese sitio. Se todo está tan parcerado, a dinámica é de inmobilidade". Desde o Marco de Vigo, onde aínda non hai rebaixa oficial -o Concello é o que máis aporta na fundación-, Iñaki Martínez Antelo fala por solidariedade institucional. "Os recurtes en cultura aféctannos a todos, sobre todo a longo prazo", expón o director do Marco. "Deberiamos reflexionar con prudencia, compromiso e colaboración institucional".

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_