Selecciona Edición
Conéctate
Selecciona Edición
Tamaño letra

"Sempre hai pouco espazo nos museos"

Os recurtes "afectan cuantitativamente a todas as actividades", sinala Miguel Von Hafe, "tanto á compra de arte como aos proxectos propios". De momento, o que non se negocia é o apalabrado. Para xaneiro, a exposición da brasileira Anna María Maiolino, en coprodución coa Fundación Tàpies, e contra mediados do ano, a medias co Macba, Está vostede listo para a TV?, un balance do medio como divulgador da arte actual.

Un proxecto persoal do director do CGAC hai un ano, unha compilación de arte xove que pretendía integrar artistas galegos "nun contexto internacional", fica no caixón. Segundo reitera Cultura, que aínda non especifica recurtes pero segue a moverse arredor do 54% de rebaixa, "segundo prescribe Facenda", o criterio é "priorizar a programación e seguir apoiando as galerías".

As aportacións deste ano, 47.000 euros para Espazo Atlántico e case outros tantos por asistencia a feiras fóra de Galicia, a través de Industrias Culturais -que utiliza unha liña de subvencións pensada para o audiovisual-, aínda se están negociando. "Tamén é importante que os fondos do CGAC viaxen por toda Galicia", din na consellería. Xa estiveron en Cambados e Vigo, na exposición CGAC. 89 Km que se puido visitar no Marco de Vigo ata setembro. Foron 84 das 1.300 pezas dos fondos do CGAC, que aínda non teñen mostrador propio fóra dos sotos do centro. "Sempre hai un défice de espazo nos museos contemporáneos", apunta Von Hafe. Desbotada a idea de facer no Gaiás un (outro) centro de arte internacional, o espazo alí non sería problema.

* Este artículo apareció en la edición impresa del Viernes, 8 de octubre de 2010