_
_
_
_
_
Luces

50 imaxes para resumir a actualidade dun ano

As eleccións autonómicas, a folga do metal, o paso do furacán Klaus ou o secuestro do Alakrana son algúns dos acontecementos recollidos na selección de 50 fotografías da mostra A Imaxe de Galicia 09, inaugurada onte na sede da Fundación Caixa Galicia en Pontevedra, onde permanecerá ata o vindeiro 24 de outubro. Medio centenar de fotos que demostran, segundo o decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Xosé Manuel Pereiro, que "hai grandes doses de creatividade e innovación no noso fotoxornalismo".

As imaxes que compoñen a exposición son o resultado da selección levada a cabo polo xurado -formado por representantes das dúas entidades convocantes e os fotógrafos Miguel Riopa, Javier Bauluz e Emilio Morenattido- dun certame do que resultou vencedor Xoán Arias Soler (La Voz de Galicia), que acadou o primeiro premio coa imaxe Infante, tomada no aeródromo militar de Lavacolla durante a saída de soldados da Brilat cara ao Líbano. Fotógrafos dos principais medios galegos, coma Xosé Abad (Mención Especial do Xurado pola súa serie sobre mulleres galegas de varias xeracións), Ángel Manso, Miguel Souto, Pedro Armestre ou Óscar Corral, completan a selección.

"Non hai case nada mellor para un plumilla que levarse ben co fotógrafo", di Pereiro no limiar do catálogo da mostra. Con esta idea de recoñecer o traballo dos reporteiros gráficos, á vez que presenta unha panorámica da actualidade informativa do pasado ano, a exposición percorrerá nos próximos meses as principais localidades galegas.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_