Pilar Ribal, nova directora artística de Espacio Atlántico
A comisaria independente Pilar Ribal é xa a nova directora artística da feira de arte contemporánea Espacio Atlántico, cuxa vindeira edición se celebrará do 7 ao 10 de abril de 2011 en Vigo. Os responsábeis institucionais do evento, o tenente alcalde vigués, Santiago Domínguez, e mais o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, en representación da Xunta, respaldaron á directora da feria, Marta Scarpellini, no anuncio da incorporación de Ribal. Scarpellini tamén avanzou que outra das áreas que se verá reforzada é a organización do programa de coleccionistas, da man de Around Art, unha firma de asesoramento e xestión cultural dirixida por Sofía Barroso e Julieta Rafecas, ambas as dúas expertas en arte contemporánea con ampla experiencia en Arco.
"Seguirei apostando polo formato de feira como evento comercial", sostén
"As boas propostas sempre se abren camiño. Cómpre non asustarse"
Licenciada en Historia da Arte pola Universitat de les Illes Balears, crítica de arte en diversos medios de comunicación e comisaria independente para museos e institucións nacionais e internacionais, como o Kunstmusem Bonn en Alemaña, Es Baluard Museu d'Art Modern i Contemporani de Palma de Mallorca ou o Centre Cultural Andratx, na mesma illa, a catalana Pilar Ribal está á fronte, desde 2005, de Artactiva, empresa cultural. "A miña intención é recoller o testemuño do realizado até agora e da interesante personalidade propia de Espacio Atlántico, sobre todo, a partir do cambio importante que se deu na pasada edición: seguir apostando polo formato de feira como evento comercial en colaboración coas galerías de arte e estreitando os vencellos entre Galicia e Portugal, cabo doutras propostas que xeren interese e promovan dinámicas coa cidade, porque esta localización é unha gran vantaxe", declarou.
Partindo da significación dos proxectos culturais no eido da arte contemporánea en Galicia, ao seu entender, as sinerxias coas institucións públicas e privadas e o traballo en rede cos centros culturais activos de Galicia e de Portugal son a pedra angular do éxito dun evento no que "un equipo profesional está a disposición das galerías para facermos mellor o noso traballo", xa que a feira "conta xa co respaldo unánime dos axentes e da poboación". Mellorar a comunicación deste acontecemento "para afondar no seu coñecemento e difusión" é un dos seus obxetivos primordiais.
No contexto social e de recesión económica actual, Ribal é consciente de que terán que ofrecer "imaxinación, paixón e realismo" para que Espacio Atlántico marque a diferenza en termos de calidade. "As boas propostas sempre se abren camiño, cómpre que non nos asustemos. En tempos de crise, as persoas pensan máis en que gastan os cartos, e iso pode ser un elemento favorábel".
Ribal ocupa a direción artística da feira en substitución de David Barro, un dos artífices da renovación do enfoque e da selección do programa xeral que supuxo a celebración de Espacio Atlántico 2010. A partir de agora, Barro pasa a integrar o Comité Asesor da feira viguesa, no que tamén figuran a propia Ribal, Fernando Santos, director da Galeria Fernando Santos de Porto, Inés Ramiro, directora da galería adhoc de Vigo e Asunta Rodríguez, directora da galería Trinta de Santiago de Compostela.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.