_
_
_
_
INÉDITOS CON FIRMA | Luces
Columna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las columnas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

1. Ruído de Fondo

Na universidade de Evanston (EE UU) descubriron que ostras costeiras de New Haven, cativas moitos quilómetros terra dentro, abren e pechan as valvas acompasándose ao ciclo lunar. Levo case tres anos nos túneles, pero pode comprobalo calquera que conserve a lucidez: as borracheiras enormes e as leas de banda semellan responder a un patrón. Hoxe mellor non penso, vou ben. Xa había que non atopaba Bombay Sapphire. Dúas pedras, un terminal intranet e tabaco importado. Non é para chorar.

Ao principio, coma min, se cadra buscas unha persoa. Que desaparecen certa noite nos servizos dunha disco do barrio, que baixan a escaleira do almacén de bebidas, que non voltan. Antes de que a familia os procure chaman polo móbil ou pola webcam da Corporación e afirman atoparse en París, nas Canarias, traballando de camareiros, din que de repente a súa vida perdeu sentido e que precisaban aire. Tamén pode ser casual como vomitar no baño, apoiarte nun expendedor de xabón. Daquela a parede abre a boca e os oídos póñense a zumbar. Cousa da pasti que che meteron, dis, ha ser a pinza que anda brincando. Chegas a un portón beirado por dúas cámaras. Recoñecen o teu rostro, envían os datos a Intelixencia.

Fóra séntense os gritos e os cristais escachados dos días de preamar. Polo acento parecen eslavos contra latinos, ponlle centroamericanos. Xogan a crer que disputan algún territorio. "Esta xente...", díxome Mara a outra tarde no kebab, Mara fora na vida anterior representante de maquinaria agrícola, de aí da parte de Montrove, "a esta xente o que lle pasa é que van quedando sen saldo e perden os nervios". Falamos sobre comida, discutimos se era mellor a de arriba ou a de aquí. Ela presume de coñecer as coordenadas de cada local. "Non oes así runrún de motor?", pregunta, e sinala un esteo de formigón pola xanela. "Habemos de estar xustiño ao pé do metro da ría". Gústalle soñar que tras tanto tempo andando sen rumbo seguimos debaixo de Artabria.

Xunto á tarxeta deslizo ritualmente a foto coas faccións exóticas de Doris. Nunca a viu. "Dálla a un veterano", rosma a encargada. Claro. Hai meses Mara presentoume o Jacko. Paguei uns cacharros e largoume o mito da fundación, un entre ducias. El contaba. Que a praza de Lugo virara zona de pubs subterráneos, que se foran unindo no subsolo e se cerraran finalmente igual ca un cofre. Despois seica floreceran os hostais e os pequenos restaurantes. "Quilómetros e quilómetros, meu", sorría, medio peneque, "o Jacko controla". Sabía que lle quedaba pouco. O rumor de que tuses de máis ou algún sarabullo na cara mobilizan rapidamente os Sanitarios. O túnel é un lugar moi seguro.

Saúdan dúas mans, marcho. Hai que estirarse. Co neón céganme outra volta os flashes daquel neno que treme na mañá ao tocar un corpo de muller sobre montes de botellas. Nin se escoitaran aínda as lendas do varrido de memoria. Corría nordeste pola cidade, cánto estraño o vento.

Hoxe vou ben. Só penso na lúa, redonda coma unha laranxa. Piso o cigarro cara aos grafitti da avenida trash. A ela gustáballe todo ese ruído.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

O vindeiro libro de poemas de Xabier Cordal titúlase transmuta e aparecerá en Xerais.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_