_
_
_
_
Reportaje:Luces

Teatro novo en tempos de crise

Os escenarios asisten ao nacemento de compañías dramáticas

Á urbanita Flor non só lle cambia o mundo ao seu redor cando un posto de traballo como profesora interina de música a transplanta a unha aldea da Galicia. En terra nova agroma outra persoa, desprendida do enxoval reducido que viaxa nas maletas e nas caixas de cartón que conforman a súa mudanza e, significativamente, a escenografía de Cambios de destino, ópera prima da compañía Teatro en punto, estreada en novembro de 2009 en Rianxo e esta fin de semana en cartel no Teatro Arte Livre de Vigo (sábado 20 ás 21.30 e domingo 21 ás 20.00 horas).

"Tivemos claro desde o principio que os recursos técnicos da obra tiñan que ser mínimos: por cartos e por capacidade de movemento, para diversificar os lugares aos que chegar. Intentamos facer unha montaxe maleábel porque a sociedade e o teatro están cambiando e nós debemos avanzar con eles. Os lugares de representación estanse desprazando do teatro convencional a novos espazos como bares, bibliotecas, prazas públicas e centros socioculturais", indica a directora compostelá Nerea de Valenzuela, quen se estrea nos labores de dirección con esta montaxe, adaptación dun texto de Rubén Ruibal, ao tempo que comparte a xerencia de Teatro en punto coa actriz protagonista, a ferrolá Gloria Rico.

"Cando non son tempos de crise para a arte?", resposta De Valenzuela á cuestión de emprender esta aventura en época de vacas fracas: "Impuxémonos condicionantes como só unha actriz, recursos mínimos e escenografía cero, pero sen perder de vista que a contemporaneidade que perseguimos pasa por descubrir cal é o noso lugar aquí e agora". A identificación do público co representado é a chave para Teatro en punto e á mesma diana apunta Ónfalo Teatro, outra compañía de recente creación dirixida polo dramaturgos e docentes Ana Contreras e Afonso Becerra. "Avogamos por un teatro social, popular, que se afirme na súa comunicación e na relación coa xente que vén ao teatro", explica Becerra.

Na súa primeira montaxe, Neuras, a partir dun texto feminista de María Xosé Queizán, este dúo de directores fai "enxeñería dramatúrxica contrastada". "Entendemos a direción escénica como xestión de decisións artísticas alén da creatividade individual e dende o debate; unha dramaturxia da recepción que conxugue olladas diferentes", indican. Contreras, cuxas experiencias máis recentes na direción foron coas compañías madrileñas Kaputt e Doble Tiempo, comparte esta idea comunitaria da arte: "A disolución da nosa persoalidade en favor da autonomía da obra". Sobre o escenario, catro actores debullan na consulta dunha psicóloga as neuroses da sociedade occidental con números de música, maxia e gags que versan sobre amor, autoestima, transtornos alimentarios e identidade sexual. Coa obra, de paso, as táboas galegas saldan unha conta con Queizán, inédita sobre un escenario como dramaturga.

Diante do espectador desfila un colaxe de secuencias que transitan entre a comedia de situación televisiva e o musical. "Ónfalo quería comezar indagando nos mecanismos da comicidade e fuxindo dos xéneros oficiosamente considerados alta cultura", explica Becerra. Neuras tamén foi estreada en novembro de 2009, en Cangas do Morrazo, e proximamente visitará Lugo (4 de marzo) ou Narón (6 de marzo).

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_