_
_
_
_
A VER | Luces
Columna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las columnas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

A contemplación da realidade

Coa linguaxe creamos o mundo, coa palabra somos quen a abrir feridas e tamén a curalas. (Mentres escribo deixo que me envolva a música de Manuel Balboa, morto con trinta e nove anos en 1997, escrita para o filme El baile de las ánimas. A danza das ánimas do coruñés Balboa condúceme a lembrar ao vigués Enrique Macías, tamén morto). A música acáelle ben á lectura de Follas de vagar, o libro de Eduardo Moreiras reeditado agora.

O libro é unha discreta proeza poética, un logro silencioso nuns anos terribeis, é a destilación espiritual do ano que vai de decembro do 69 ao do 70, xustamente cando comeza o Proceso de Burgos, un xuízo sumarísimo a 16 militantes de ETA, e publícase no ano 72, cando toda Galiza estaba en pé, desde a folga xeral de Vigo até a de Ferrol, cos obreiros asasinados pola policía, e pasando polo Santiago universitario a loitar nas rúas. Fóra dunha época que rebentaba, fóra dese mundo subido na montaña do Courel, Moreiras vai segregando un fío de linguaxe na que mexen os momentos da vida trascendidos, unha conversa cun vello, a matanza do porco, unha cabuxa no escuro do cortello, a chegada da primavera ás árbores de pólas núas, coas reflexións sobre a arte e a literatura, a poesía, ese mester seu. O 26 de xaneiro dese ano reflexiona sobre a necesidade de que os nenos galegos aprendan música e cita a Yehudi Menuhin: "A música axuda ao individuo a atopar a súa personalidade, a súa música esencial". O 27 retrata a Stendhal como un cartesiano; érao. O 28 cavila no anceio da felicidade. Nos últimos días do ano conviven San Juan de la Cruz, o hindú Patanjali, Otero Pedrayo, o iogui Mukerji, Álvaro Cunqueiro, Bernal Díaz del Castillo, Anna Akmatova, Plotino... Cerra o libro cunha cita do budismo chinés: "Aquel que dea co espírito en calma, maino, desvencellado das cousas, ese atinguirá Samadhi. A contemplación da realidade."

Este libro non ten o nervo violento para imporse como canónico, será un libro á marxe mais é un espléndido obsequio para a nosa literatura. O seu celme é a rareza, o seu único. Moreiras foi un moderno no alto da montaña, como tantos europeos desde Caspar David Fiedrich. "Mais eu morro polo vento puro dos cumeiros, e adoezo pola verdade núa". Un ten a tentación de pensar: "Se o autor escribise hoxe isto serían os apuntamentos dun blog". Non, xustamente o contrario. É un labor de serenidade, o vacío fecundo dentro de un que viron o mestre Eckhart, Suso ou o Buda. É un acto leve de construir un lugar para poder ser.

A vida está armada con fíos invisibeis que manexan os dedos de ánimas. É certo, a Estadea existe, somos os vivos os que temos conta dela, os vivos con memoria. O tópico modernizador dicíanos de rapaces que a luz eléctrica acabou coa Santa Compaña, non é certo, só desaparecerá cando deixemos de ter memoria. Eduardo Moreiras no Courel, grazas a este libro reeditado, este acto de memoria, é un contemporáneo noso. A arte é filla da memoria, unha danza das ánimas. "Escribir en galego (...) é unha toma de posición fronte aos que asoballa ao noso pobo e queren comboutar a nosa cultura", non esquece escribir Moreiras.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_