_
_
_
_
Reportaje:Luces

Un certo jazz feito aquí

A diversidade reina nunha escena que estrea discos dalgúns músicos centrais

Hai décadas que o jazz abandonou o seu territorio natal. Tamén hai décadas, polo menos tres, que a música dos afroestadounidenses arribou en Galicia. Na altura de hoxe, a dicir dos músicos consultados, a escena atravesa o seu mellor momento, por veces mesmo contra a incomprensión institucional. E, ao tempo, consignan que o relevo existe. Non poucos dos seus protagonistas ultiman proxectos ou promocionan elepés recentemente saídos do forno. "Hai un movemento de jazz neste país", apunta o contrabaixista Xacobe Martínez Antelo, "pero moitas veces somos os últimos en decatarnos".

O cerebro do trío Sumrrá apóiase no retrouso que, asegura, adoita pechar as críticas foráneas ao estado do jazz galaico: "¿Qué está pasando en Galicia?". Para Martínez Antelo, agora envorcado en Monkillos, o debate terminolóxico non fai sentido. "Jazz galego son todos os músicos que viven e traballan aquí e que consideran que o que fan é jazz", non se complica. E si, funcionan propostas que tentan conectar coas raíces tradicionais da música galega -o Projecto Miño de Baldo Martínez entre os máis celebrados dos últimos anos-, pero só como un itinierario máis. "Estilisticamente e falando de jazz, somos unha terra minifundista", afirma, sen miga de reproche, "cada un na súa leiriña e xa está".

Abe Rábade estará cinco noites no Lincoln Jazz Center de Nova York
"Hai movemento en Galicia, pero somos os últimos en nos decatar", di Antelo
"Podes coller unha muiñeira e levala ao 'swing', pero, ¿iso é jazz galego?"
A variedade chega á improvisación libre de Omega ou o revoltallo de Cró
Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

O zanfonista Germán Díaz concorda. "O jazz, como calquera música, é de quen a fai; pero o músico é dalgún lugar e iso remata por aparecer". Díaz percorre agora os escenarios peninsulares con Brigadas Bravo & Díaz, unha unidade de dous -guitarra e zanfona- que deconstrúe as melodías da resistencia republicana na Guerra Civil. Máis achegados á limpeza do son ECM que á Liberation Music Orchestra de Charlie Haden. "Claro que podes coller unha muiñeira e levala ao swing; sería iso jazz galego?", pregúntase. "Sería iso o que hai que facer?", repregúntase con ironía. Entre unha colectividade que observa "estupendamente ben, dando a nota no jazz europeo", Díaz, agora mergullado no Oh Trío (zanfona, batería, guitarra e loops), menciona ao pianista Abe Rábade.

"Na Habana, nunha mesa redonda con Gonzalo Rubalcaba, Chucho Valdés, e Jorge Pardo", lembra Rábade, "cando os músicos cubanos levaban unha hora debatindo sobre qué era o latin jazz, Pardo e mais eu erguémonos e deixamos a sala". E engade divertido: "Discutir sobre qué é o jazz galego está moi ben para xente con tempo, pero eu prefiro mirar medrar a herba...".

Con todo, o pianista, que en maio tocará cinco noites seguidas no Lincoln Jazz Center de Nova York, matiza a súa posición: "Que me amose escéptico no debate sobre o jazz galego non quere dicir que o faga tamén respecto a que a situación en Galicia mellorou e cada vez hai máis xente e mellor preparada". O guitarrista de Portonovo Virxilio Dasilva, o pianista cangués Xan Campos ou o batería, igualmente de Cangas, Iago Fernández, entre outros. E Rábade fala con coñecemento de causa. Á súa peripecia polos escenarios de Europa súmase o seu labor docente no Seminario de Jazz de Pontevedra.

Pero Abe Rábade resulta refractario a se definir esteticamente. "Considérome un jazzista ortodoxo", explica, "que ama a tradición, o jazz e mesmo o prejazz; é importante coñecer esa estirpe". Agora que o seu primeiro deuvedé, rexistrado na presentación de Open Doors en Santiago en formación septeto, chega ás tendas, dálle as brochadas finais a Zigurats. No seu trío habitual, completado por Bruno Pedroso e Pablo Martín, ecoa unha sorte de post-bop, sempre dentro de certa orde harmónica. No futuro inmediato, busca música para grandes poetas portugueses (de Heberto Helder a Fernando Pessoa) xunta a cantante lusa Joana Machado.

Germán Díaz móvese nun amplo ancho de banda. Do experimentalismo individual do seu proxecto Pi -Música para manivelas, titúlase o seu disco- a pescudas no cancioneiro folclórico castelán -é orixinario de Valladolid-, Díaz leva a súa zanfona ao Projecto Miño (o 29 de xaneiro en Santiago) e a Marisco Fresco, parella de improvisación libre co batería Diego Martín. O seu rexistro sonoro máis recente atópase nunha escolma de cantigas de berce con máis de 30 músicos, moitos galegos, a beneficio dunha asociación de rapaces con parálise cerebral.

A promiscuidade tamén preside a actividade musical de Xacobe Martínez Antelo. Con Monkillos (Manuel Galán na guitarra e Miguel Cabana na percusión), transportan o repertorio do piano de Thelonious Monk a bordos aflamencados e afrocubanos "para gozar coa música de Monk". E Sumrrá poñen de longo a súa cuarta gravación, 4.0, no ciclo Sons da Diversidade en Compostela, este sábado. "Pensamos na música de Sumrrá como froito dun proceso grupal", relata Martínez Antelo, "no que ningún dos tres deixa o seu discurso de improvisador, pero nunca esquece o grupo". Believe in Trane chamaron a un tema do seu 3, e o nome John Coltrane anterior a A Love Supreme (1964) pode resultar unha pista.

A diversidade estética do jazz feito en Galicia, no entanto, non se esgota doadamente. Pasa, igualmente, polo revoltallo entre psicodelia, ambient e progresivo de Cró ou pola exploración dos límites musicais -que hai alén do free jazz?- da Orquestra de Música Espontánea de Galicia (Omega), improvisación conducida en formato ensemble.

O batería de Sumrrá, Luis Legido.
O batería de Sumrrá, Luis Legido.JUAN LUIS AMADO QUINTEIRO

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_