_
_
_
_
Tribuna:Tribuna | LUCES
Tribuna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las tribunas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

O andado e o que queda por andar

Resulta significativo que o grande evento artístico da democracia en España sexa unha feira como Arco, que acabou por impoñerse a calquera das reflexións sobre posmodernidade e tamén ante calquera colección ou museo. Durante bastante tempo, semellaba que para moitos artistas ou galeristas estar ou non estar en Arco funcionaba como sinal de calidade. Aínda que en menor medida, penso que isto continúa a ser un pouco así e que a centralización da estrutura artística arredor dun evento tan concreto e cunha dependencia tan directa do seu funcionamento non debe ser boa cousa. Enténdanme ben, creo en Arco e considero vital o seu apoio e supervivencia, pero tamén que dende o mundo da arte temos que abrir novas estratexias, novas posibilidades.

Non é fácil que as grandes entidades comprendan a necesidade de patrocinar a cultura

Unha desas vías espero que poida ser Espacio Atlántico, que onte abriu as súas portas cunha nova cara e un nome renovado. A feira pretende dar as pistas das súas estratexias de futuro, no que busca atraer aos países do eixe atlántico. Aínda que neste primeiro ano ten a Portugal como gran protagonista, tratará de medrar por outras canles como Brasil. É importante ver esta feira nosa como algo que pode e debe ser patrimonio de todos os galegos e que durará o tempo que saibamos coidala e protexela. A tarefa non é doada, pero, pouco a pouco, agardo que se vaian adherindo novos apoios, independentemente dos vitais que ten na Xunta de Galicia e a súa Consellería de Cultura e a Tenencia de Alcaldía de Vigo

Darei varios exemplos: Miami Basel está patrocinada polo banco suízo UBS; Frieze de Londres estao polo Deutsche Bank, que tamén patrocina a feira de Colonia; ING faino coa feria de Bruselas. Semella natural que unha feria en Vigo estea patrocinada por Caixanova, pero non é tan fácil que as grandes entidades comprendan esa necesidade e a repercusión para a sociedade e a cultura dun país que ese apoio xera.

Aínda que iso soamente é un paso. Un gran paso, iso si. Logo quedan outros apoios vitais, menos mediáticos, como que a Fundación Pedro Barrié de la Maza ten un compromiso de compra coa feira moi significativo, o que permite reforzar o sentido comercial da feira e consolida a cita como un lugar imprescindible, inevitable. A iso sumarase de seguro o CGAC e outras entidades que, en maior ou menor medida mostraron o seu apoio, e seguramente poderán implicarse máis en edicións posteriores. Penso na Fundación María José Jove, na Fundación RAC, no Macuf, pero tamén en museos que se implicaron a pesar de non programar habitualmente arte contemporánea, como o Museo do Mar de Vigo. Ou o achegamento de centros portugueses como o Museo Berardo de Lisboa ou o Museo Serralves do Porto, dos que estarán presentes os seus directores na feira.

Máis que de presente estamos falando de futuro, de continuar camiñando. Falamos, en definitiva, de visibilidade, algo que aínda lles falta as nosas empresas. Sei que moitas participarán pero sería importante que o fixeran tamén potenciando ese apoio, dando exemplo e forza á súa participación. Aínda que habelas hainas e temos o exemplo de empresas como Sirvent ou Purificación García que participan na feira activamente. En todo caso, unha maior visibilidade das nosas empresas é todavía unha asignatura pendente.

Pero se comenzaba falando da notoriedade de Arco, debería falar dun dos seus maiores logros: o nacemento da súa propia colección, hoxe depositada no CGAC. Esta actitude positiva ten aquí o seu reflexo na Colección Espacio Atlántico, que inicia unha colección internacional con obras adquiridas na feira, e que se depositará no Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Marco, nunha nova aposta da feira pola cidade que a acolle. Ademais, poténciase o coleccionismo da arte actual, cun perfil internacional. A Colección Espacio Atlántico ten, polo tanto, unha dobre función: incrementar o noso patrimonio e ensinar a importancia e rendibilidade social que ten apostar polo contemporáneo. Hoxe, o coleccionismo xa non ten que ver con cuestións de gusto ou de prestixio social, senón que pasa a ser obxecto de análise para o estudoso da economía, tendo que medir a obra de arte na tripla condición de ben social, económico e cultural. Espacio Atlántico ten a capacidades de ser o modelo, un afortunado termómetro.

David Barro é crítico de arte e director artístico da feira Espacio Atlántico

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_