_
_
_
_
Entrevista:PEDRO CERA Presidente dos galeristas portugueses | LUCES

"A arte contemporánea estáse traballando moi ben aquí"

A presenza de 15 galerías lusas en Espacio Atlántico convirten á representación portuguesa na outra metade da feira.. Á fronte da delegación está o galerista lisboeta Pedro Cera, na súa dobre condición de presidente da Asociación Portuguesa de Galerías de Arte, da que forman parte 41 salas, e de membro do comité asesor de Espacio Atlántico. A súa sala, fundada en 1998, ten participado en citas internacionais como Art Basel, Art Miami e Arco. En Vigo presenta proxectos de Tobias Rehberger, Yves Oppenheim, André Cepeda e Pedro Barateiro, entre outros.

Pregunta. Que determina esta comparecencia tan rotunda de galerías portuguesas en Vigo?

Resposta. Non é un interese novo, xa houbo outros encontros no pasado. Agora lembro a celebración do Foro Atlántico en 1999, en Pontevedra. Neste caso foi determinante o traballo de David Barro [director artístico da feira, porque é o crítico español que mellor coñece o contexto portugués. A magnitude desta resposta ten moito que ver co coñecemento do David. Ademais, unha boa feira pode facerse en calquera lugar se hai boas galerías e coleccionistas que acoden a ela para desenvolver os seus repertorios. A crise faino todo máis difícil porque as institucións recurtaron orzamentos para novas adquisicións pero cómpre traballar para que merquen. Espacio Atlántico é hoxe unha incógnita porque estamos falando antes de empezar! Mais, se se continúan facendo ben as cousas, como parece, cristalizarán os esforzos. .

P. Cal é o interese das salas lusas por estar aquí?

R. Por si, Galicia ten máis institucións públicas e privadas dedicadas á arte contemporánea que todo Portugal, onde o coleccionismo público é case inexistente. En Portugal temos a percepción de que se está traballando moi ben neste eido. O Marco de Vigo é todo un referente e no futuro contará coa súa propia colección. Tamén nos contenta que o novo director do CGAC Miguel von Hafe, sexa portugués, e que o seu traballo teña sido fantástico. que é moi acertado o feito de procurar perspectivas de negocio en Galicia, non é unha tolada. É certo que hai algo de incerteza, pero para nós esta é unha edición cero á que acodimos con ganas e ilusión.

P. Cara a onde apuntan as súas propostas?

R. Hai distintos programas pero todos con artistas portugueses. O noso é un país pequeno con pouco coleccionismo público, polo que a necesidade de saír fóra fixo que os galeristas desenvolvesemos un labor intenso a prol da proxección exterior destes creadores. Xa que non podemos agardar que unha institución dea apoio, como en España, levámolos canda nós ás feiras internacionais, accións de promoción da cultura portuguesa para as que tampouco temos subvencións. A conclusión é que os artistas novos en Portugal dependen totalmente do traballo dos galeristas e isto sempre foi así. Sería unha mágoa que en Galicia non se aproveitase todo este movemento.

P. De onde proceden os descontentos dos portugueses con Arte Lisboa e Arco, dúas feiras que eran inexcusábeis na península?

R. Lisboa é unha capital europea e por iso non pode permitirse ter unha feira de arte que non mudou nunha década. Arte Lisboa fixo dez anos e non aumentou o nivel de esixencia. Cómpre termos en conta que é un evento que non ten apoios públicos do Estado nin da Cámara Municipal, é totalmente froito da iniciativa privada. Está claro que para medrar en calidade, cómpre cambiar esa condición. Con Arco pasan outras cousas. Para o intre en que estamos é unha feira moi cara, cunha relación custe/beneficio moi elevada. Alén diso, Arco está a sufrir unha crise de identidade. Desde a celebración de Art Basel Miami, Arco xa non é o que era: a feira europea de arte latinoamericana. Iso provoca que teña que buscar o seu propio camiño.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_