_
_
_
_
Reportaje:Luces

As longametraxes da xeración 'indie'

Por vez primeira, Galicia conta cun grupo de cineastas debutantes, independentes, e formados ó abeiro da Axencia Galega do Audiovisual

Vinte anos despois da estrea dos tres filmes que marcaron o evento fundacional da nova era do cinema feito en Galicia, por vez primeira emerxe un grupo de cineastas ós que se lles podería aplicar o concepto de xeración. Roldan todos os 40, forxáronse paseando as súas curtas de festival en festival, formáronse no país, e a maioría tiveron a ousadía e montar as súas propias produtoras para sacar os seus filmes adiante. Casi todos eles debutan como cineastas, reivindican o papel relevante da Axencia Galega do Audiovisual, e caracterízanse por un estilo próximo ó cinema independente.

Esta semana estreouse nos cines A noite que deixou de chover de Alfonso Zarauza, e Enrique Otero presentou en Cineuropa un adianto do seu filme Crebinsky. A pasada semana, Relatos, de Mario Iglesias, foi seleccionada para competir en en Tokio, un dos mellores festivais do mundo, e Luis Avilés rematou a montaxe da súa ópera prima, Retornos. Mentres, Fernando Cortizo ultima a rodaxe da longametraxe de animación O Apóstolo, que se estreará en xullo.

"Intento facer cine dende Noia, non dende Nova York ou Los Ángeles"
"Agora pódese falar dun cinema galego; non antes", afirma Mario Iglesias
Más información
Vinte anos despois do segundo nacemento do cinema galego

"É moi bonito ver unha xeración nova, e todos de primeiras películas moi dignas. Creo que somos unha xeración de directores que algún chegará a facer grandes traballos", afirma con entusiasmo Alfonso Zarauza. Este director compostelano aparcou un día Dereito para lanzarse, nos 90 a rodar curtametraxes. Pero a cousa non foi todo o ben que esperaba. "Marchei no 98, porque aquí os produtores só apostaban por directores de fóra, incluso por realizadores noveles, e iso ofendíame. Eu víame capacitado para facer cousas, pero tiven que irme", lembra Zarauza, que malia irse a traballar a Madrid, seguiu facendo en Galicia as súas curtas, "e sempre en galego", salienta. No seu primeiro filme, A noite que deixou de chover, tratou de crear unha historia "moi compostelana, pero que chegue ao mundo".

A intención de darlle carácter universal ás súas historias está presente nestes novos realizadores. Todos rodaron en Galicia, pero co obxectivo de facelas chegar a todo o público. "Intento facer cine desde Noia, non desde Nova York, nin desde Los Ángeles. Creo que é posible traballar desde aquí", afirma Luis Avilés. Esta semana rematou a montaxe de Retornos, un thriller que conta estrear antes do verán. Será o seu primeiro, e está producido por Vaca Films, unha produtora emerxente coa que este realizador noiés confésase cómodo, "porque se preocupan en buscar realizadores en Galicia". Avilés é crítico coa falta de apoio das grandes produtoras e co "pouco que arriscan" á hora de apostar por realizadores de aquí. "Somos unha nova xeración con traballos dignos. Aquí non hai só boas localizacións, tamén bos directores", reivindica este cineasta, fillo do poeta Avilés de Taramancos.

Retornos buscará nas vindeiras semanas convencer a un comité do Festival de Berlín que seleccionará en España películas para o festival. Ese tamén é un obxectivo de Crebinsky, o debut de Enrique Otero, e do que se proxectou a primeira bobina en Cineuropa. "Acabas saíndo nos créditos de director, de productor executivo, de guionista e do que faga falta, pero é que a veces para sacar unha película adiante hai que ser un superhome", presume este realizador de Ortigueira, que fixo o guión co actor protagonista Miguel de Lira. A falta de expectativas para o seu filme, levouno a montar a súa propia produtora, Control Z, pero o camiño non foi doado. "A un mes vista, estabamos por devolver a axuda, pero apareceron Farruco Castromán e Luís Tosar, coa produtora ZircoZine, e déronnos apoio", lembra. "Sen Manolo González e a Axencia Audiovisual este filme xamais se faría. El apostou por esta xeración indie" declara agradecido.

Nas mesmas circunstancias adversas que Enrique Otero, empezou tamén o proxecto de animación O Apóstolo, que se estreará en xullo. Cortizo tamén viu que ninguén cría tanto no seu proxecto coma el mesmo, polo que decidiu sacalo adiante coa súa produtora Artefacto. "Nesta xeración temos en común que asumimos o risco nós mesmos, porque moitos nos consideraban uns mataos sen experiencia previa, pero só nós coñecemos a fe e as posibilidades do que facemos", explica este realizador que un día abandonou a súa carreira como veterinario para dedicarse ó audiovisual. "Somos a última fornada dun traballo serio que se ven facendo en apoio ós novos creadores pero isto hai que regalo, igual que as plantas", advirte, ó tempo que engade que "esta xeración tamén xorde porque se lle deu apoio económico e moral, e agora todo está en stand-by, sen saber que vai pasar". Cortizo é un artesano da animación, un traballador da plastilina que, cunha bagaxe de sete curtametraxes, reivindica a protección da animación feita en Galicia, "e que a xente non marche, agora estamos collendo un nome".

Dunha opinión semellante á de Cortizo é Mario Iglesias, o maior desta xeración de cineastas. Leva xa cinco filmes rodados, pero só un, De Bares, chegou aos cines. O seu último traballo, Relatos, trata de buscar novas canles de distribución, e Iglesias estuda en seguir "un método como o de Pradolongo, case porta a porta". Se hai un paradigma de cineasta indie ese é Mario Iglesias. Move baixos presupostos, ten unha mirada diferente e asume riscos narrativos. Iglesias é o mais veterano destes cineastas pero o mais ousado. "Nos últimos anos estiveron facéndose as cousas ben, e os nosos traballos facíanse visibles que é o que pedimos os cineastas, ademais de estabelecerse entre nós unhas relacións moi produtivas, a ver como evolucionamos", reflexiona este realizador, recén chegado de Tokio, onde o seu filme foi seleccionado en competición oficial. Pero Iglesias aínda vai máis alá: "Agora pódese falar de cine galego, non antes. É un fenómeno recente e podemos sacar peito con orgullo, porque hai unha xeración facendo cousas de calidade". En paralelo aos indies, xa transcorren os sucesores: Álex Sampayo, Dani de la Torre, Pablo Iglesias ou Juan Pablo Etheverry. "Se isto fose baloncesto, os da NBA xa estarían botando un ollo por aquí ", conclúe Luis Avilés.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_