_
_
_
_
OS GROUCHOS | Luces
Columna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las columnas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

O 'caso Gürtel' e o paraíso galego

Manuel Rivas

Mentres os grandes e pequenos medios informaban con amplitude do contido do sumario xudicial do caso Gürtel, o maior escándalo de corrupción política en España nas últimas décadas, os medios públicos de Galicia, radio e televisión, ensaiaban a cegueira e o silencio, mentres dedicaban o precioso tempo a sacar en procesión outra vez o espectro do L do topónimo da Coruña. Seguían así ronsel tóxico de Telemadrid e o Canal Nou do País Valenciano.

Imaxinen un extraterrestre que chega a Galicia xusto o día en que se fixo público o sumario Gürtel e que, pola noite, hospedado no hostal dos Reis Católicos, xa que os extraterrestres prefiren cama con dosel, pois vai prendendo co mando nas diferentes televisións. Dáse por suposto que o extraterrestre non é de Galicia Monolingüe, así que non ten prexuízos e escoita e traduce todas as linguas con igual interese. Pois ben, todas as canles falan da gran rede corrupta que ten os tentáculos no partido da dereita. O extraterrestre presta moita atención, porque se fala ademais de moito diñeiro en 26 paraísos fiscais. E a quen non interesa no cosmos a idea de paraíso? O marciano, desexoso de información sobre paraísos, conecta á fin coa TVG. E velaí que atopa o paraíso. Uns señores que están a falar dun ele perdido. Non son uns señores calquera. Polo visto, son os novos gurús, os guías espiritistas da TVG e do Goberno galego, os que se entregan a semellante asunto exotérico.

A ver se foi Pablo Crespo, que é de ciencias, o que marchou co ele de 'La Coruña'

O extraterrestre chega a unha conclusión esta vez si "natural". Se as mentes mellor pagadas dese país poden dedicar o seu tempo á procura da letra ele, e o gran debate dese país é a escolla entre La e A, e mesmo hai xente importante que os segue e aplaude, entón estamos no máis marabilloso dos paraísos. Nin Illas Virxes nin Illas Caimán nin Lichtenstein... Galicia! Galicia non é un paraíso, señores. É o auténtico paraíso! Díganme en que lugar do universo a xente acadou tal estado de felicidade e benestar que o seu principal debate é o artigo determinado.

Malia vivir en democracia, unha das falsas ideas estabelecidas en Galicia é que é "natural" o control dos medios de comunicación públicos (e mesmo dos privados a través de subvencións!) por parte dos que teñen o poder. Isto é unha absoluta falacia. Por non falar do modelo exemplar que representa dende hai décadas a BBC, ou mesmo a NPR (National Public Radio) dos Estados Unidos, podemos sinalar como a RAI, a televisión pública italiana, resiste o acoso implacábel de Berlusconi.

O caso Gürtel está a ser un test decisivo. Tamén para o actual xornalismo. Os que agora gobernan en Galicia teñen a oportunidade de levar á práctica o que ao parecer todos pregoan. Unha lei que garante a autonomía dos medios públicos. Non teñen que pagar avogados para facela: copien os estatutos da BBC e xa está. Nunha semana podería estar arranxado. Dende que se fundaron os medios públicos, os profesionais demócratas veñen reclamando iso. E xa dende antes. Lembro que en 1980 fixemos unha campaña para recoller sinaturas pedindo a creación dunha televisión pública en galego. Lembro quen firmou e quen non firmou, porque teño os papeis. Lembro quen se riu de nós diante dos fociños: "Pero, que queredes? Transmitir o fútbol en galego? Estades tolos!". Lembro que algúns deses foron despois directivos da TVG.

Mais tamén lembro os que sempre mantiveron o seu valor democrático e os seus principios de honestidade profesional e por iso non chegaron a directivos de nada. Son, en activo ou en memoria, o mellor do xornalismo galego. Entre eles, Xosé Fernández Ferreiro. A Pepe Ferreiro vanno homenaxear os escritores, por iniciativa do Pen Club Internacional, os vindeiros días 10 e 11 de novembro, no mosteiro de San Estevo de Ribas do Sil, perto do seu berce, a mítica aldea de Nogueira de Ramuín, terra da chispa. Ferreiro é tamén un bo afiador, el que escribiu A saga dun afiador. Abriu camiños onde ninguén chegara, tanto na literatura como no xornalismo. Dende a nosa primeira novela do Oeste, A morte de Frank González, até unha decisiva achega ao terror do fascismo, Agosto do 36. Mais coa mesma afouteza abriu camiños novos no xornalismo galego. E soubo dicir que non cando cumpría.

Penso que Pepe Fernández Ferreiro e o extraterrestre estarían de acordo comigo nunha modesta proposta para a Televisión de Galicia. Eu ben sei que non van copiar os estatutos da BBC. Nin esta semana nin en catro anos. Pero, polo menos, podían reproducir as gargalladas de Pablo Crespo.

Na inmensa lameira que son os 16.000 folios do sumario, e aínda por coñecer o contido da monumental resma doutras 50.000 páxinas, vemos todos os xéneros e subxéneros da aquí chamada "novela negra". O xeito de falar é definitorio. Ese uso sincopado dos xuramentos, onde a expresión "joder!" é un permanente comodín. Ou o alcume Fillo de Puta, tan repetido que, asociado a todos os nomes, amigos e inimigos, acada a condición dun apelido composto. Ese estilo de hampa señorita tamén se reflicte nos caprichos: o reloxo de ouro rosa de 25.000 euros, o deportivo Infiniti de cor e tapizaría negra, o pago en carne... Todo moi acorde con xente que ten por heroe ao padriño Don Vito. Aínda que Don Vito, ao lado desta caspa, parece o poeta Leopardi.

O caso é que a min o que máis me amolou de toda a información foi a noticia das gargalladas de Pablo Crespo. O que sabemos deste home é que saltou á política dende un posto de director de sucursal bancaria en Vilagarcia na data "fronteiriza" dos anos 90, é dicir, cando había xente que atopaba petróleo nos pozos de auga. Este home pasa a ser secretario de organización e número tres no Partido Popular de Galicia. Por suposto, foi deputado, aínda que non sabemos de ningunha iniciativa. Tiña misións máis importantes que cumprir.

Disque foi Xesús Palmou quen, en 1999, tivo o valor de detectar un dos focos do cheirume ambiental na sede do partido. E debe de ser certo porque nunha das conversas intervidas recentemente, o elocuente Crespo dille á muller: "A Palmou algún día ya me lo encontraré en la calle y se va a cagar".

A Palmou tíñao atravesado, pero parece que con outros levábase mellor, porque este home principal no caso Gürtel seguiu a ser durante anos conselleiro do organismo de Portos de Galicia, que presidía Carlos Negreira. Segundo Negreira, que vai para alcalde da Coruña, non houbo nada estraño nesa relación. Eu non teño por que dubidalo, pero a ver se foi Crespo, que é de ciencias, o que marchou co ele. O que si conta o sumario é que o día despois das eleccións galegas, Pablo Crespo e un dos seus avogados, José Antonio López, coñecido por Pepechu, botaron a rir ao coñecer o resultado electoral.

Non me estraña nada. Unha copia das gargalladas debería figurar no Arquivo Sonoro de Galicia. Aínda máis. Deberían poñer o riso de Crespo de sintonía todas as mañás.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_