_
_
_
_

Cinema para a caída das follas

O Festival de Cinema de Ourense e o Cineuropa compostelán enchen o outono de filmes chegados de fóra do circuíto comercial

O outono é, nas cidades galegas, tempo de filmes. Santiago acolle a mostra Cineuropa e a produción árabe en Amal. En Ourense abre un enmocecido festival xeralista e, de volta á capital, Curtocircuíto expón 223 curtametraxes chegadas de 93 países. O panorama festivaleiro parece sobrevivir ás adversidades económicas e iso que, denuncia o director de Cineuropa José Luis Losa, "a Xunta non convocou axudas aos certames; é grave".

Mañá, sábado, ás nove e media da noite, o filme Celda 211 de Daniel Monzón protagonizado por Luís Tosar inaugura a 14ª edición do Festival de Cinema Internacional de Ourense. "Celda 211 é un bo exemplo de cinema galego coproducido", explica Enrique Nicanor, director do certame nos tres últimos anos, "con produción e profesionais galegos, pero participado por outros países". Nicanor, que entre 1983 e 1987 traballou á fronte da segunda canle de Televisión Española, salienta sobre todo esa condición "comercial" do encontro de Ourense. "O noso pequeno barquiño bótase a navegar no mundo dos festivais", metaforiza, "un mundo competitivo pero onde, se non estás, non entras no audiovisual".

"A exhibición en Santiago atópase moribunda", afirma José Luis Losa
Ourense fai gala de "cumprir con todas as normativas" en materia de festivais
"En Galicia non pode haber dous festivais e hai algún que xa está morto"
O cineasta Eloy Lozano, "un director controvertido", será homenaxeado
Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO
Más información
A Xunta cre que "hai demasiados festivais"

A xerencia do festival ourensán, que na última edición recibiu 10.000 espectadores nas dez salas que ocupa, fai gala da súa vontade "de cumprir con todas as normativas europeas en materia de festivais e cos produtores europeos". "Un festival tamén debe ser unha ferramenta de desenvolvemento do audiovisual dun país e tentar unha proxección internacional", considera Nicanor. Tres master class "con tres grandes expertos europeos" do programa Media da Unión Europea acompañarán os douscentos filmes proxectados deica o 17 de outubro, dez de eles en competición e procedentes de 80 países.

"Na colleita deste ano temos filmes moi críticos, no límite do permitido", describe o director, quen, perplexo, asegura que "os cineastas reflicten o estado do mundo, a súa violencia". Nun festival que, confesa o seu director, se mira no espello de Rotterdam, haberá ademais tres homenaxes "sentidas e pouco protocolarias, con charlas e pase de filmes". O medio século de publicación d'A Esmorga serve en Ourense para repasar a versión fílmica de Gonzalo Suárez (1979) sobre a novela de Eduardo Blanco Amor. O cineasta Eloy Lozano, morto hai uns meses e ideólogo do primeiro festival ourensán -"un director controvertido e difícil, pero un pioneiro", segundo Nicanor- e a filmografía do canadiano Norman McLaren -"o pai do debuxo animado máis avanzado, o Picasso da animación"- completan o capítulo conmemorativo.

Aos 15 días de que se apague o proxector en Ourense, encenderanse os focos en Santiago. O 4 de novembro arrinca a 23ª edición de Cineuropa, "coa filosofía do necesario, tal e como está o panorama da exhibición", segundo o responsábel da mostra José Luis Losa. "En Santiago podemos falar mesmo de moribundia", engade. Para contribuír a paliar as deficiencias dunhas salas comerciais onde hai anos que non pasan as obras do cineasta europeo vivo máis importante -Jean-Luc Godard-, Cineuropa expón un cento de filmes. "Aínda estou en Sitges", relataba esta semana Losa, "pechando o pase dalgún filme".

Entre as fitas que salienta o tamén programador do certame atópanse A religiosa portuguesa, do cineasta estadounidense Eugène Green, ou Soul Kitchen, coa que o turco Fatih Akin levou o último León de Ouro en Venecia. "A de Bruno Dumont , que moitos dos críticos cualificaron como do mellor de Donosti" é outra das apostas reveladas por Losa, quen presentará o cartel completo un par de días antes da apertura. O que si adianta son as dúas retrospectivas monográficas de Cineuropa: as oito longametraxes do cineasta francés Arnaud Desplechin, un dos últimos reescritores do filme de personaxe, e a última década da filmografía de Claude Denis, "representante dos novísimos ou da chamada Contraonda". Tampouco faltarán as seccións habituais, dedicadas ao cinema asiático ou ao documental sobre músicas pop. "Temos, ademais, unha relación de complicidade co Festival de Buenos Aires, o gran contedor de cinema independente despois de Sundance", apunta, ao tempo que constata divertido diferenzas: "Teñen un millón de espectadores".

36.000 persoas asistiron en 2008 a Cineuropa. "O público é o noso elemento diferencial", explica José Luis Losa, para quen un festival baséase ben na audiencia, ben "no seu peso comercial e da industria". O director do festival compostelán, que este ano só financia o Concello de Santiago, opina con contundencia sobre a imposibilidade "de que en Galicia existan dous festivais". "Durante 15 anos intentouse que fose un", continúa, "e hai algún que xa está morto". Losa non oculta o seu obxectivo de mudar Cineuropa no certame galego, "igual que en Castela teñen Valladolid, ou en Euskadi Donosti", e recoñece que, de chegar ese intre, "habería que matizalo". O que se concibe arestora como mostra pasaría a encontro competitivo.

A nivel de mostra funciona, igualmente en Santiago, o Festival Internacional de Cine Euro-Árabe Amal, que acada a súa sétima edición entre o 23 e o 31 deste mes. Organizado pola Fundación Araguaney e dirixido por Ghaleb Jaber Martínez, Amal achega ao público 36 filmes, ficción e documental, facturados nos países árabes nos últimos tres anos. "Películas con sentimento a flor de pel pero virulentamente comprometidas", explicou o responsábel do ciclo durante a presentación do programa a pasada semana.

Dende a organización falan de si mesmos como "único festival de cine árabe de Europa" e non agochan a súa militancia propalestina. Amal é a palabra árabe para designar a esperanza e so ese epígrafe, amais de fitas chegadas dos territorios palestinos, Túnez, Líbano, Quatar, Siria, Xordania ou Exipto, acóllese unha semana da gastronomía árabe ou Amal Express, a creación dunha curtametraxe de cinco minutos nun tempo máximo 96 horas.

Dedicado especificamente ao minicinema, e coincidente en datas co festival de Ourense (do 10 ao 17 de outubro), na capital abre o sétimo Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago. Curtocircuíto. Das 2.552 propostas recibidas polos promotores, que encabeza Tim Redford, 223 entrarán en competición nas catro categorías do certame (galega, española e internacional, e Explora, para "os mellores traballos experimentais e de innovación, sen ter en conta a súa nacionalidade").

As obras a concurso remitíronse dende 93 países diferentes. Canda as proxeccións, Curtocircuíto repite as seccións de edicións anteriores e inclúe o xa proverbial concurso de guións Compostela Plató no que o galardón leva canda si a produción da curta co texto gañador e a rodaxe coa capital a xeito de escenario.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_