_
_
_
_
_
Luces

A Xunta cre que "hai demasiados festivais"

En 2008, as axudas ás 26 mostras de cine e audiovisual do país ascenderon a 315.000 euros. Este ano non se convocaron, pero o responsable da Secretaría Xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, dixo na presentación do Amal que todas as peticións de axuda dos festivais foran respondidas, "non con todas as cantidades que se solicitaban, pero creo que suficientes". Non pensan exactamente o mesmo en Vilagarcía, Tui, Ribadeo, Ourense ou Santiago.

"Nesta altura non nos atrevemos a facer outra edición", di Alfonso Pato, á fronte do Festival de Cans, que a finais de maio xunta no Porriño máis de 7.000 persoas. No 37º Certame Audiovisual de Vilagarcía, que a semana que vén esgota a inscrición, tampouco o teñen claro. Máis da metade do seu orzamento, 40.000 euros, dependía de Presidencia e Cultura. "Estamos pendentes", din. O Curtocircuíto santiagués, que empeza o sábado, recibiu os 20.000 euros comprometidos de Cultura, pero falta outro tanto de Presidencia. As axudas aos festivais, porén, non se evaporaron.

Más información
Cinema para a caída das follas

"Non é certo que desaparecesen dos orzamentos de 2009", sinalou a este xornal o ex director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias. Con 2,45 millóns para o plan de promoción do sector audiovisual e multimedia, Medios matiza que as axudas deste ano "deixaron de adxuntarse como transferencias de capital no apartado de fomento do audiovisual, canda seis ordes máis". Para Iglesias, o problema é "de decisión política".

Na opinión de Cabaleiro, que xulga "inxustas" as críticas "sen diálogo completo" coa Administración, cómpre unha reflexión a tres bandas entre organizadores, sector e Administración: "Hai demasiados festivais". Polo de pronto, segundo di, o camiño a seguir é "apontoar os que xa tiveron axudas e que están consolidados". Cales son uns e cales son outros haberá que pensalo, "sempre co sector", entre razóns de "singularidade" e "resultados comerciais".

A crítica estrutural, festivais á parte, data de xullo, cando se soubo que sería o Consorcio Audiovisual, aínda dirixido por Ignacio Varela, o organismo único que xestionaría o audiovisual, "en ningún caso" -palabras de Feijóo- a Axencia Galega das Industrias Culturais, creada durante a xestión nacionalista en Cultura. Foi a Agadic, precisamente, a que tramitou a finais de xullo as axudas á produción, e o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, quen promocionou Celda 211 en Venecia. A sensación no sector é que, se antes había dúas xanelas -produción en Cultura, promoción en Presidencia-, agora hai unha soa, pero falta por saber quen a atende.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

"Son cinco meses máis, levabamos catro anos así", apón Cabaleiro, que garante que "a finais de ano" se coñecerá por fin a ubicación do audiovisual. Neste punto, o secretario xeral de Medios, dependente de Presidencia, nega tensións con Cultura: "Estamos en diálogo co sector, coa Agadic e co Consorcio, e as novas axudas á produción estarán resoltas a comezos de marzo. O obxectivo era evitar o parón, e conseguímolo".

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_