_
_
_
_
Reportaje:Luces

Pescudas no albor da lingua

O profesor Henrique Monteagudo identifica aos primeiros poetas trobadorescos en galego

Os fíos que dispuxeron este urdido proceden de madeixas chamadas achádego fortuíto, sinatura inesperada, hipótese reformulada, baile de datas, identidades misteriosas e relacións transfronteirizas. Esta trama atinxe a filólogos en actitude detectivesca na procura da identidade dun feixe de poetas trobadorescos, os pioneiros no emprego do galego a finais do século XII, e vén de ser publicada polo profesor da Universidade de Santiago Henrique Monteagudo no libro Letras primeiras. O foral do Burgo de Caldelas, os primordios da lírica trobadoresca e a emerxencia do galego escrito (2009). O volume está editado polo Instituto da Lingua Galega (ILG) e a Fundación Barrié, dentro da súa colección Biblioteca Filolóxica Galega, ao coidado de Antón Santamarina.

"Podemos situar o humus no que nace a poesía en galego case 30 anos antes"
Atopou o documento primixenio no arquivo dos Duques de Alba

A acción arrinca en 2005, cando Monteagudo e a súa colega Ana Isabel Boullón estaban a preparar unha escolma de textos representativos do período primitivo da escrita en galego, destinada a servir de material de traballo do simposio anual do ILG, que nesa ocasión versaba encol d' A emerxencia do galego como lingua escrita na Idade Media. Inmerso neste labor, o investigador deu co diploma do foral do Burgo de Caldelas, que o editor Andrés Martínez Salazar (1911) datara ao redor de 1250 e que consideraba versión en romance do orixinal latino escrito en 1228, ano que tamén figura no documento galego. "Chamounos moito a atención polo seu estatuto diplomático, a súa extensión e o estadio relativamente avanzado de definición da súa escrita", lembra.

Foi na procura do documento primixenio que todas as fontes referenciaban a través da súa primeira editora, a duquesa de Berwick e Alba en 1981 e atopouno, efectivamente, no Archivo de los Duques de Alba. O escrito repousaba no madrileño Palacio de Liria en virtude das ligazóns dinásticas entre o burgo de Caldelas, o señorío de Lemos e a Casa de Alba. Varios expertos consultados, o arquiveiro entre eles, corroboraron a autenticidade da data de 1228, o que convertía en extraordinario o achádego do escrito en galego máis antigo dos producidos en Galicia. En canto a revelación saiu á luz pública, outros focos alumearon novos razoamentos, nomeadamente a aparición do texto latino na Real Academia da Historia de Madrid, que desbotaron a condición de orixinal do galego, cuxa factoría foi atribuida a un escribán local.

Era unha copia, mais unha versión coetánea que, se ben desfacía unha hipótese, ratificaba outra non menos importante: a do uso do galego alén de como lingua poética por mor "das condicións especiais dun reinado que deu lugar á confección de numerosos diplomas para-chanceleirescos e que continuou con Afonso X, quen impulsou a prosa documental en linguas romances nas escribanías e notarías", indica Monteagudo. Con todo, o foral do Burgo de Caldelas segue a ser o primeiro documento dado en galego por un rei e unha das primeiras e máis extensas mostras do galego escrito que se coñecen.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Como queira que cando unha porta se pecha, outra se abre, a peripecia non rematou aí. Outra sorte de intuición levou ao profesor a se deter nos nomes de clérigos, nobres, cabaleiros e burgueses que figuraban como confirmantes do foro. Como por casualidade, dez correspondíanse cos dos trobadores máis antigos en lingua galega e, xusto a metade, coinciden na mesma procedencia: a terra de Búbal, entre o que hogano é a cidade de Ourense e o Mosteiro de Oseira que, a través da orde cisterciense, mantiña comunicación coa Occitania francesa, berce da poesía trobadoresca. Abrollan, deste xeito, os nomes de Fernan Paez de Tamallancos, Pero Viviaez e, sobre todo, Pero Paez Bazaco, membro dunha familia vencellada aos conventos de Oseira e de Vilanova de Dozón. "Os vencellos familiares axudan a explicar, por exemplo, a veta satírica contra as internas de Vilanova de Dozón: antes que ataques ás monxas eran escarnios familiares", indica. Outra exploración suxerente levou a Monteagudo a reconstruír a xenealoxía de Fernan Eanes, fillo de Johan Fernandez Batissela, e, canda eles, unha intrincada serie de redes de relacionamento entre varias sagas nobiliares do centro-sur de Galicia e do Portugal fronteirizo, con conexións trobadorescas.

"Podemos situar o humus no que nace a poesía trobadoresca en galego case 30 anos antes do que pensabamos, cara a 1170-1185, en nun contexto, o da nobreza galega, que matiza a imaxe tópica desta literatura, que adoita asociarse ás cortes reais de Castela e de Portugal, mentres que a fonte que a irradia e que determina o emprego dunha lingua queda escurecida", conclúe Monteagudo, quen considera que este grupo dos confirmantes do foral do Burgo de Caldelas desactiva a interrogante dos investigadores da lírica galego-portuguesa verbo da escolla lingüística. Asemade, segundo o filólogo, "os cancioneiros medievais reflicten os gustos dos seus compiladores, que non eran outros que cortesáns que seleccionaban aos poetas máis famosos da época, o que engade máis dificultades á procura das raíces do fenómeno".

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_