_
_
_
_
CARLOS SANTIAGO | Escritor | Luces

"No Terceiro Mundo tamén viven, non só pasan fame"

Metalurxia (Positivas, 1996) fixou a obra de Carlos Santiago nalgunha das fendas da poesía galega da época. Trece anos despois, por entre o espazo en branco que leva de William Carlos Williams a Alberto Pimenta, o músico, poeta, dramaturgo e activista compostelán volve ao soporte libro coas armas da oralidade. Acantinado, un conxunto de prosas concibidas nun bar de Compostela, sae á rúa como "unha aposta por devolverlle á literatura o seu sentido comunitario".

Pregunta. Recuperou a fe na escrita?

Resposta. Máis ben a fe no que conduce a alguén a publicar un libro, que de escribir nunca deixei... Debeuse un pouco á concepción do proxecto, que se apartaba do xeito convencional de publicar. Tratábase de implicar á xente do barrio de Santa Clara, á que se lle está propoñendo unha forma de cultura como algo que acontece na vida diaria, sen máis pretensións. Unha aposta por devolverlle á literatura o seu sentido comunitario.

"O movemento social é un 'xa foi', agora quedan os rituais"

P. Como xorde o proxecto?

R. Inventamos as condicións. O deseño copiámolo dos cadernos de Acantilado e os textos escribíronse na taberna O 13, que coedita e vende a colección [O lapis do taberneiro] con Danú. Falamos de 13 capítulos, non máis de 96 páxinas, recollendo en parte as conversas do bar. Algo aleatorio, como é todo.

P. Polo peso da anécdota case parece nouveau roman...

R. Algo hai, pero ségueme interesando máis a poética de Alberto Pimenta. Para enfiar os capítulos utilicei un pouco a técnica de Bernhard en Extinción. E tamén está Cunqueiro como referencia inconfesable... Era un gran escritor de taberna.

P. Aparece Galicia coma un escenario difuso, sen referencias ao movemento social.

R. Quixen reivindicar un espazo para a miña vida... Fundamentalmente, agora son heideggeriano [ri], pero a través de Pimenta, que é un poeta con propiedades filosóficas. Canto ao movemento social, é un xa foi. Volverá a habelo, pero o que queda, de momento, son os rituais.

P. Pódese dicir que vive da literatura?

R. Vivo dela desque tiña 24 anos. Son pobre, pero vivo, como calquera outra persoa. Cousa distinta é a xente que pensa que para vivir da literatura hai que ter un Mercedes. No Terceiro Mundo non só pasan fame e están tristes, tamén viven, e teñen sentido do humor. Na aposta pola comunidade, a min preocúpame provocar o incidente, non publicar para as masas.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_