_
_
_
_
_
Luces

Morre o escritor coruñés Manuel Riveiro Loureiro

O escritor Manuel Riveiro Loureiro morreu onte na súa cidade natal, A Coruña, logo de se precipitar dende unha fiestra do seu domicilio. Narrador e dramaturgo, Manuel Riveiro contaba 75 anos e autodefiníase como "escritor vocacional, talvez compulsivo, anque serodio". Coa súa derradeira obra, Xullo-Agosto, o autor coruñés gañara o premio Lueiro Rey de novela curta en 2005 e nela relata episodios dos primeiros meses do levantamento franquista. "Áos tres anos de idade, no verán do 36", escribía nun texto autobiográfico, "perde o seu pai; 'non morreu que o mataron', dicía en voz baixa a súa nai".

Manuel Riveiro comezou a publicar libros ao seu regreso da emigración. Na segunda metade da década dos 70, este "admirador teimudo e confeso da noutrora formidable URSS" deu ao prelo títulos como Pola ida e pola volta (narrativa, 1977) ou A vinga (teatro, 1979). A literatura dirixida a lectores mozos centrou os esforzos de Riveiro Loureiro durante boa parte da súa traxectoria.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_