_
_
_
_
Reportaje:Luces

Arte en feminino para o século XXI

A mostra 'Marxes e mapas' reúne en Santiago ás mellores creadoras galegas

Pode que non estén todas as que son, pero é evidente que a maioría das artistas que participan na mostra Marxes e mapas. A creación de xénero en Galicia ocupan un lugar destacado no panorama artístico da comunidade autónoma das dúas últimas décadas. A exposición que abriu as súas portas onte no Auditorio de Galicia en Santiago ten un carácter casi enciclopédico que permitirá ao público achegarse ás tendencias que marcaron a arte galega dende finais dos anos 90 ata a actualidade.

Como explican os comisarios Chus Martínez e Xosé Manuel Lens, a mostra toma de referencia outra celebrada en 1995 no mesmo espazo e que baixo o epígrafe A arte inexistente recuperaba a obra das artistas galegas máis representativas do século XX. Catro das mulleres que xa participaran naquela exposición (Berta Cáccamo, Pamen Pereira, Mar Caldas e María Ruído) volven a estar presentes coa sua obra no Auditorio.

Pódense atopar artistas importantes dende os anos 90 ata a actualidade
A exposición non se limita a una mera sucesión de pezas e artistas

"A nosa intención foi que a mostra non tivera un carácter meramente actual senón que o público poida apreciar os cambios que se produciron nestes anos na creación artística en Galicia", sinala Xosé Manuel Lens, quen tamén apunta que o criterio empregado para seleccionar ás artistas foi o de contar con representantes das distintas xeracións que se sucederon en Galicia nos vinte últimos anos. Así, pódense atopar dende creadoras que xa foron importantes nos anos 90, coma as catro citadas anteriormente, ata as que comezaron a súa traxectoria artística hai pouco tempo, caso de Antía Moure ou Andrea Costas.

Na exposición tamén están presentes algunhas artistas que non naceron en Galicia pero que desenvolveron boa parte da súa actividade nesta comunidade e que deixaron o seu selo, como Chelo Matesanz, Mónica Cabo ou Sara Sapetti. Ao mesmo tempo tamén están presentes na mostra varias artistas que viven fóra de Galicia como Victoria Diehl ou María Ruído.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

O percorrido da exposición permite descubrir as temáticas e os formatos polos que apostaron as artistas galegas nestes anos. A fotografía e o debuxo son as disciplinas dominantes. A gran presenza de obra sobre papel obedece ao interese dos comisarios por amosar o proceso de traballo das creadoras presentes. O título da mostra fai referencia á intención de, por unha banda, presentar un gran mapa da creación de xénero en Galicia e, pola outra, facer referencia ao traballo "nas marxes" que desenvolven estas artistas. De feito na exposición hai pezas e textos inéditos dalgunas delas, cos que se consegue profundizar nas motivacións que as levan a realizar o seu traballo.

O gran número de artistas participantes (26) e de pezas expostas convirte a esta mostra no gran catálogo da arte feminina actual en Galicia. A forza das pinturas-esculturas de Ánxela de la Cruz, a delicadeza das pezas de Holga Méndez, a poesía visual presente nas instalacións de Mónica Alonso e a ironía rebordante que caracteriza as obras de artistas como Mónica Cabo ou Sara Sapetti son algúns dos momentos destacados dunha exposición que ten a virtude de non limitarse a unha mera sucesión de pezas e artistas, senón que se relacionan unhas con outras para construir unha visión poliédrica da realidade.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_