_
_
_
_
GROUCHOS | Luces
Columna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las columnas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

Aparta, crise, que te afundo!

Manuel Rivas

En pleno crash, cando baixan todos os fumes e as elites máis fachendosas do mundo pían abatidas, chéganos esa nova da calidade incomparábel do seme galego. Mentres o planeta financeiro abanea por mor do diñeiro tóxico, e dun día para outro, o máis forte se derruba, o máis alto cae, e os presuntos tesouros feden a lixo, pois resulta que os científicos resaltan o valor do seme galego. Ao rematar os noticiarios de onte o titular do resume podería ser: "Todo vai mal, agás o seme galego".

Nada de chovinismo. Nada de propaganda institucional. É unha cousa científica. É o que é. Nun estado de desconfianza, hai polo menos unhas cantas verdades das que deriva unha confianza básica. A terra é redonda. A enerxía E dun corpo en repouso é igual á súa masa m multiplicada pola velocidade da luz ao cadrado. O seme galego é bo. E así unhas poucas cousas.

"Oes, Pepe", díxolle Laxeiro a Cuíña. "Son fillo predilecto ou son un fillo de puta?"

Lémbrome agora dun adestrador de fútbol que, preguntado pola boa racha que levaba o equipo, declarou: "Todo vai ben cando empregamos a táctica das tres bes".

-As tres bes? E podería explicarnos en que consiste esa táctica?

-É moi sinxela. Primeiro, bontade. Segundo, belocidade. E terceiro, huebos.

Era un tipo simpático, o dos huebos. Mais os peores períodos do mundo ao longo da historia, e tamén as tempadas de fútbol, son os que se basearon na teoría e práctica dos collóns. Sen afastarse no túnel do tempo, imaxinen a políticos como Berlusconi cun semellante informe científico. Ou a Putin. Ou a Aznar. Ou a Sarkozy. Ou a Bush. Farían unha bomba propagandística, unha teoría supremacista do seme. E co mesmo informe, talvez Chávez ou Fidel falarían dun "seme antiimperialista". E de huebos revolucionarios.

Gran parte da historia é así, xira arredor dos huebos. Xa o dicía o cacho cabrón de Goering cando esmagou a resistencia checa: "Non se pode facer unha tortilla sen escachar ovos".

Cando Xosé Luis Barreiro intentou abrir unha fenda na fortaleza fraguista, despois de ser esmagado polo Séptimo de Cabalería e o Tribunal de Salem, entrevistouse cos personaxes que consideraba aínda algo leais e tamén máis destemidos. O primeiro era o daquela peitudo alcalde do Porriño. Mais aquel bastión, comedor de toneladas de callos, parou en chorar e díxolle, tocándose os huevos: "Non teño huebos, Barreiro; o único que ten huebos é Pepe".

O de Pepe era por Cuíña, hoxe defunto.

Por certo, cando Cuíña era alcalde de Lalín e comezaba a ser respectado e celebrado co sobrenome de Caudillo do Deza, unha das súas iniciativas foi a de facer algo de xustiza con Laxeiro, un xenio local universal que algúns ignorantes trataban como un "artista muy gallego", é dicir, queréndoo reducir ao tipismo e máis nada. O caso é que Xosé Cuíña propuxo e acadou, claro, o recoñecemento de Fillo Predilecto de Lalín para o gran Laxeiro. Que o tomou o título en serio, como debe ser. E así foi cando a célebre visita de Alfonsín, pouco despois de ser elixido primeiro presidente da recuperada democracia arxentina. O fillo de emigrantes volvía como presidente da gran nación de ultramar! Foi unha visita moi cálida, moi emotiva, con moita participación da xente. Lémbroo ben, como xornalista. Mais houbo unha recepción pechada, tipo VIP, á que non deixaban entrar a quen non acudise acreditado. Alí dentro, como alcalde, estaba Cuíña.

Dende fóra, Laxeiro, a que non permitían o paso, berrou:

-Oes, Pepe? Son fillo predilecto ou son un fillo de puta?

E pasou, claro.

Falando do local universal, Lalín sempre tivo unha íntima relación co cosmos. Penso que en parte se deriva desa conciencia aberta disposta a traspasar fronteiras xeográficas e mentais que delata o lema lalinense por excelencia: "Os de Lalín, con razón ou sen ela". De Lalín era o marabilloso astrónomo Ramón María Aller. De Lalín era tamén un dos grandes pioneiros da aviación mundial, Xoaquín Loriga. A obra de don Ramón María está relativamente divulgada, aínda que o todo sexa pouco. Mais a biografía apaixoante de Loriga, a quen o escultor Asorey dedicou unha das súas obras máis orixinais, non é moi coñecida na Galicia de hoxe. Daría para unha magnífica serie de historia e aventuras na TVG.

Loriga foi o primeiro en pilotar o autoxiro de Juan de la Cierva, ousadía que tivo lugar en Getafe en 1926. Mais a súa grande empresa, a extraordinaria aventura, foi o voo que realizou dende Madrid até Filipinas. Perto de 20.000 quilómetros percorridos en dezasete xornadas. Con Ramón Franco, o outro heroe da aviación galega, foi condecorado no 1927 coa Medalla da Liga Internacional de Aviadores. O Ramón foi moito más celebrado no seu tempo polo abraio que causou o voo transatlántico do Plus Ultra. Ademais, Loriga morreu moito máis cedo, nun accidente en Cuatro Vientos o 18 de xullo de 1927. Ramón Franco sería un heroe da República, á que anos máis tarde virou ás costas cando o seu irmá encabezou o golpe militar.

Pouco antes da final dramática, o 23 de xuño, Loriga voo co seu avión a Galicia para recibir unha homenaxe. E recibiuna. Todas as parroquias da bisbarra do Deza á espreita no alto dos montes. Aterrou con precisión no chamado Monte do Toxo. (Non podo evitar que os dedos tecleen: "Ai que ter huebos, huevos e ovos!"). Disque era o primeiro aeroplano que aterraba en Galicia.

Aquí entra en acción outro da aviación astronómica lalinense, o filólogo e escritor Gonzalo Navaza, autor, entre outras marabillas, de Erros e Tánatos. O domingo pasado, no alto do monte da Curota, Gonzalo contoume algunhas cousas de Loriga e tamén o berro que era a súa divisa. Cando pilotaba o avión e aparecía algún atranco en forma de cumio ou penedo, ía Loriga, amarraba os mandos e berraba: "Aparta, pena, que te afundo!".

Velaí a épica entrañábel, exemplar, da persoa que se afronta á rocha do destino. E en lugar do caer manso, ergue a cabeza e dille que non está de acordo con esa intromisión.

Volvendo ao comezo. En Galicia déronse sempre ben os ovos e o leite. Pasou que fomos gobernados, ou mandados, con mal leite. Eu non vou facer agora o manifesto do seme galego. Nin socioloxía de ovos e ovarios. Cadaquén ao seu. E o meu son as metáforas.

Alí, no alto da Curota, acompañabamos con Gonzalo Navaza, Bieito Iglesias, Antón Riveiro Coello, Camiño Noia, O Che González Tosar, e outros amigos do Pen Club, a Alvaro Mutis. O creador de Maqroll o Gavieiro. O colombiano universal que na visión da ría de Arousa preguntaba o nome de cada recanto. E non paraba de dicir, aos seus 85 anos: "¡Qué país tienen! ¡Qué país tienen!". E pasaban os cabalos en panorámica de lusco fusco, como se quixeran ofrecerlle unha película inesquecíbel. E Mutis invocaba a Rosalía, a Álvaro Cunqueiro e a Valle-Inclán. Os tres eran de bo leite. Mais para huebos, o que se di huebos, Rosalía de Castro.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_