"Apostaremos pola proxección exterior dos artistas"
Manuel Olveira leva algo máis de dous anos á fronte do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), aínda que xa traballara con anterioridade nesta institución. Neste tempo imprimiu o seu selo á programación do museo, que este ano inclúe a artistas coma Jorge Macchi ou Waltercio Caldas na súa programación. Entre os seus planos para o futuro está a intención de apoiar a presenza de artistas galegos no exterior.
Pregunta. A creación do CGAC foi un fito por tratarse da primeira institución destas características en Galicia. Cal é o principal reto cara aos vindeiros anos?
Resposta. Os museos son institucións moi vivas e o CGAC aínda máis. Para un centro de arte, chegar aos 15 anos supón entrar na madurez e hai que adaptarse ás novas condicións e aos cambios que houbo nos hábitos culturais dos cidadáns. De todos os xeitos, isto non significa que teñamos que reproducir os mecanismos da industria do espectáculo. O CGAC debe seguir contando cunha colección que entre en diálogo coas doutras institucións e, ao mesmo tempo, ten que ser un centro de arte que faga exposicións temporais. Apostaremos por conectar o contexto local co internacional e por iso promoveremos as exposicións de artistas galegos no exterior. A todas estas cousas hai que engadir a investigación e a redefinición dos modelos expositivos, xa que agora existen máis opcións que nos anos oitenta ou noventa.
"Colaboramos con moitas institucións pero sempre en función dun proxecto"
P. Pode engadir algo máis sobre coma vai a artellarse esa proxección dos artistas galegos no exterior?
R. Aínda non.
P. Que papel vai xogar a colección do centro no futuro? Seguirá dedicándose unha atención especial aos artistas procedentes de Latinoamérica?
R. A nosa colección é moi demandada e as súas pezas son expostas de xeito continuo en moitas partes. Este ano imos investir máis de 600.000 euros nela. Todos os directores deste centro prestaron moita atención a Latinoamérica e tanto na colección coma nas exposicións seguirá a haber unha especial atencións sobre estes creadores.
P. É axeitada a colaboración con outros centros de arte galegos e de fóra ou habería que incrementala?
R. Temos colaborado con moitas institucións pero sempre o facemos en función dun proxecto. Para os vindeiros meses temos previstos novos proxectos nos que imos colaborar con outros centros de Galicia e de fóra.
P. Considera satisfactoria a presenza que teñen os artistas galegos no CGAC actualmente?
R. Para min o importante é traballar co contexto. Teño traballado con institucións de todo tipo en Galicia e nestes días, por exemplo, abrimos unha exposición na que participan seis artistas galegos que viven fóra da comunidade autónoma.
P. Algunhas voces sinalan que a apertura dun centro de arte internacional na Cidade da Cultura pode significar unha ameaza para o CGAC. Cal é a súa opinión?
R. A Cidade da Cultura é un proxecto que aínda se está a desenvolver e que pode sufrir modificacións. De tódolos xeitos, en cultura a diversidade sempre é boa. É unha boa nova que haxa novas infraestruturas. O que non sería bo é que os dous centros fixeran unha programación na mesma liña, pero non é lóxico pensar que a Consellería de Cultura vai a formular unha actividade repetida. Non creo que vaia haber un problema de incompatibilidade.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.