_
_
_
_
Reportaje:Luces

Grafiti vigués en Londres

O artista galego Nano 4814 participa nunha mostra na Tate Modern

En tempos recentes, os grafitis deixaron de ser unha pegada marxinal nas rúas para se converter en obxetos artísticos cobizados polas institucións da cultura oficial. A súa frescura e espontaneidade, que dan vía libre a todo tipo de mensaxes, e a súa feitura e ocupación de espacios seducen aos programadores. No contexto máis próximo, a exposición Urbanitas que o Museo de Arte Contemporánea de Vigo (Marco) produciu en 2006 marcou un fito na visibilización dos artistas galegos máis novos, na súa maioría procedentes da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

Alén do padrón xeracional, Urbanitas pretendía poñer o foco sobre un panorama artístico cambiante e un feixe de talentos emerxentes. Boa parte dos trinta que a constituíron tiveron nesa mostra o seu primeiro contacto profesional cunha institución. O grafiteiro ou escritor Nano 4814 (Vigo, 1978) foi un deles, aínda que, naquela altura, o artista xa recibira premios como o concedido polo Auditorio de Galicia para talentos mozos e tiña visitado Arco, da man da galería viguesa Adhoc, así como centros no Reino Unido, Italia e Francia. Tras estadías en Madrid, Barcelona e Berlín, Nano reafirma os seus pasos no estranxeiro e medra a súa proxección internacional coa súa participación na mostra colectiva Nomadaz e en Street art, evento expositivo que vén de inaugurar a Tate Modern de Londres.

O prestixioso centro londinense dedica a mostra a seis artistas internacionais (Blu, de Bolonia; o colectivo Faile de Nova York; o parisino JR; Nunca e Os Gemeos, ambos de São Paulo e o barcelonés Sixeart) que comparten inclinacións artísticas vencelladas ao desenvolvemento urbano. En paralelo, o evento programou un paseo no que o camiñante pode descubrir as intervencións creadas en exclusiva para o lugar no que se ubican. Estes exemplos de site-specific están asinados por un cinco artistas afincados en Madrid: 3TTMan, Spok, El Tono, Nuria e Nano 4814.

Para a ocasión, a obra de Nano regresa á rúa, onde comezou a pintar. O seu primeiro contacto coa cultura urbana entendida como unha actitude vital procede da súa afección ao monopatín. A transposición da rúa ao museo segue a ser un camiño que o desconcerta. "Que estean as miñas pezas entre catro paredes fai que cambie a miña relación con elas, desequilíbrame porque sinto a necesidade de xustificalas, ao revés que na rúa", ten manifestado. Porén, recoñece que unhas e outras son parte do mesmo "estado de procura". Amais da escritura de parede e das composición de elementos, a Tate salienta as súas creacións luminosas, feitas con material de refugallo e con restos de edificios abandonados, que adubía con textos poéticos.

Será máis doado dar coa súa pegada londinense que encontrarse co artista, que ten un ritmo de traballo frenético. Esta semana rematou un mural no Centro de Historia de Zaragoza, e xa agardan por el en Barcelona e Sevilla antes de regresar a Madrid, onde leva varios anos residindo.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_