_
_
_
_
PSICOFONÍAS | Luces
Columna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las columnas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

E da economía qué?

As librerías e as listas de libros máis vendidos están ateigadas de títulos que teñen que ver con aspectos divulgativos da ciencia e do pensamento. Son moitos os que desde unha perspectiva do rigor absoluto da filosofía e da investigación científica consideran estas edicións simplificacións reducionistas de contidos inevitablemente complexos e dificilmente accesibles, pero, como en todo, hai casos notables en que o divulgador resulta ser asequible para o lector e nidiamente respectuoso coa verdade científica.

Certo é que ao lado de libros exemplares proliferan demasiado outros que veñen conformar, en grande parte, un dos maiores detritus da cultura actual, os libros de autoaxuda. Aínda así, todos conviriamos en considerar un avance esta popularización dos temas de ciencia e pensamento.

Nestes días de disparates e incontencións electorais, boto moi en falta que á disciplina da economía non teña chegado esa mesma onda divulgadora. É evidente que a economía estivo nesta campaña no centro de todos os debates pero nunca tantas veces como agora asistimos a afirmacións tan impunes e frecuentes como as do tipo "eses son datos macroeconómicos que ninguén entende", que ademais de presupoñer a ignorancia dos electores, conviven ao lado doutros datos mentireiros que ninguén rebate no barullo mediático.

Penso que a existencia dunha ciencia económica de divulgación que se recollese en libros de ampla difusión sería unha boa garantía civil para unha sociedade democrática que por unha parte sacraliza ata a superstición a economía de mercado como a única pensable e posible, e pola outra tolera debates demagóxicos nos que políticos e partidos se autoatribúen a creación de postos de traballo e toda sorte de logros económicos.

Na cultura galega contamos cun título paradigmático, O atraso económico de Galicia, de Xosé Manuel Beiras, pero pasaron xa moitos anos dende a súa publicación. Mágoa que os economistas de Galicia e do mundo non se sintan concernidos pola necesidade de divulgar e democratizar a súa ciencia.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_