"As desfeitas teñen moito que ver coa falta de educación"
Poucas persoas máis especializadas en Galicia nas relacións entre a arquitectura e a paisaxe que a coruñesa Isabel Aguirre. Entre os seus proxectos destacan a remodelación do cemiterio de Bonaval para convertilo nun xardín, que realizou en colaboración con Álvaro Siza ás costas dun dos edificios máis coñecidos do portugués, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). Ao xuízo de Aguirre, as desfeitas arquitectónicas que existen na paisaxe galega teñen moito que ver coa falta de educación e de coñecemento.
"Nos colexios xa están presentes os coñecementos sobre natureza e ecoloxía pero habería que dar un paso máis adiante e tamén falar da paisaxe, que é un concepto cultural e plástico", explica Aguirre, quen considera que xa é imposíbel arranxar algunhas das aberracións urbanísticas que se poden ver en Galicia que, nalgúns casos, son responsabilidade da administración.
"Hai que vixiar o desenvolvemento que se rexistra no interior"
De tódolos xeitos, Isabel Aguirre considera "positivas" normativas como a que ven de promulgar a Xunta para protexer o litoral aínda que "non hai que esquecer que tamén se debe vixiar o desenvolvemento que se rexistra no interior da comunidade".
Aguirre recoñece, sen embargo, que tamén os arquitectos teñen a súa cota de responsabilidade neste asunto. Para comezar nin sequera hai unha especialiadade de paisaxe na carreira de Arquitectura e son poucos os créditos que existen para esta disciplina. "Os arquitectos debemos tomar conciencia de que non construímos no aire senón que transformamos o entorno no que traballamos. Ademáis en Galicia a paisaxe hai que considerala coma un ben fundamental", sinala Aguirre.
A arquitecta considera axeitados algúns esforzos que se teñen realizado para recuperar o entorno rural pero, na súa opinión, hai que facer un esforzo para conseguir que a xente valore a paisaxe dun xeito diferente ao que é habitual ata o de agora. "Temos moi asumido o concepto de aldea coma algo pexorativo cando a vida nun entorno rural ten unha gran tradición e conta con moitas posibilidades", sinala Aguirre, quen lembra que hai moitos ingleses e alemáns que están a chegar para vivir no interior de Galicia atraídos por un entorno natural que ofrece posibilidades moi interesantes para levar a cabo un proxecto vital distinto ao que ofrecen as cidades das que proceden.
Un dos traballos máis atractivos nos que está a realizar a arquitecta coruñesa é a construcción dun mirador sobre o río Sil en Ourense no que se trata de ofrecer ao espectador unha nova visión dunha das paisaxes máis espectaculares de Galicia. Trátase dun proxecto que se está a desenvolver en colaboración co CGAC e que esté pendente de atopar financiación para converterse en realidade. "Agardo que o mirador se poida facer o antes posible porque sería unha forma de identificar os valores culturais cos da natureza", explica Aguirre, que forma parte dunha asociación de persoas amantes da Ribeira Sacra.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.