_
_
_
_
LUCES

Uxía Senlle

Melodía de días usados, de Anxos Sumai; Se o vello Simbad volvese ás illas, de Álvaro Cunqueiro, e Os libros arden mal, de Rivas, son as recomendacións galegas de Uxía, que non tardará en sacar disco.

A antiga vocalista de Na Lúa, unha das principais referencias musicais galegas en Portugal, opta por non recomendar Tres segundos de memoria, de Diego Ameixeiras; Sempre en Galiza, de Castelao, e a obra completa de Manuel María. Por razóns diferentes: a novela que gañou o penúltimo Xerais gustoulle, mais parécelle "demasiado sórdida" para ler no verán. Cita o tratado de Castelao e a compilación poética de María que sacou Espiral Maior como lecturas de máis recollemento. "Non recomendaría a de Diego porque o verán é época de lecturas máis luminosas... Sendo Castelao e María dúas das miñas referencias, case mellor lelas con calma". Ela lerá A República dos soños (Nélida Piñón), Terra sonambula (Mia Couto), e La fiesta del chivo (Vargas Llosa). "O de Mia Couto pola miña paixón pola cultura lusófona... E Vargas Llosa porque non lle lin a última, sendo un autor que me prace moito".

Más información
Letras baixo o sol
Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Suscríbete para seguir leyendo

Lee sin límites
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_