_
_
_
_
LUCES

Manolo Romón

O antigo membro do grupo de comunicación poética Rompente, presentador de Libro Aberto, o espazo literario da Televisión de Galicia, recomenda obras en galego para o verán: Molloy, de Samuel Beckett, recollido por Anxo Rei Ballesteros na editorial Galaxia aínda o ano pasado; A palabra do incrédulo, do poeta Manuel Álvarez Torneiro, e Smara, de Paula Carballeira.

Durante as vacacións pretende ler Escritos al oído, de John Cage; Páginas hebraicas, de Arnaldo Momigliano, e O incendio dos aspectos, de António Ramos Rosa. "Os dous primeiros tíñaos empezados, e o de Ramos Rosa apetecíame moito... Sinto que a súa pegada está na miña escrita". O seu gusto por un dos grandes revolucionarios da linguaxe musical contemporánea é diferente. "Con Cage é como cando atopas aos amigos despois dun tempo". Non quere Romón recomendar algo en negativo. "Traballo nun programa de libros, teño que falar con todo o mundo", ironiza. "Si é certo que se poderían proscribir libros grandes e sisudos no verán, pero tamén falamos da única estación do ano onde un ten tempo para ler xustamente esas obras", di.

Más información
Letras baixo o sol
Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_