"Crecemento e progreso non son sinónimos"
Felipe Arias é o responsábel da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. O organismo, que depende da Consellería de Cultura, enfróntase a un panorama "diverso e disperso". Arias, que antes de chegar á Administración levou adiante a posta en valor do Museo Arqueolóxico do Castro de Viladonga, defende a necesidade dunha "escolla obxectiva do patrimonio que queremos protexer".
Pregunta. Como cualificaría o estado xeral do patrimonio cultural galego?
Resposta. O noso patrimonio é moi diverso e atópase moi espallado. Daquela, o estado de conservación, valorización e protección tamén é diverso. O patrimonio de Galicia resulta cuantioso e de gran calidade e calquera orzamento fica curto para atender a tan inxente cantidade de bens culturais. En calquera caso, a sensibilidade social respecto do tema é meirande que hai vinte anos.
P. Que parámetros se consideran á hora de decidir unha actuación no patrimonio?
R. Patrimonio Cultural traballa fundamentalmente con dous parámetros. Un, a importancia obxectiva do ben e a incidencia que ten nun territorio ou nunha comunidade determinada, e dous, o parámetro da urxencia, o da necesidade e do risco que corra o ben patrimonial concreto. E hai que atender á utilidade social, educativa, didáctica ou turística que poida ter este patrimonio cando se actúa sobre el.
P. Existe colisión entre crecemento e conservación do patrimonio?
R. Habería que debater se crecemento é igual a progreso. Penso que non son sinónimos. Importan, sen dúbida, outros factores, como a calidade de vida. E tamén debemos afondar na sensibilización e na difusión do que é o patrimonio cultural. Porque é un factor de progreso. Temos que asumir que hai que seleccionar o que queremos conservar. Conservalo todo é imposíbel.
P. Como afecta o urbanismo salvaxe, sobre todo no litoral, ao patrimonio cultural?
R. Está de moda o urbanismo na costa, a especulación e a marbellización que tocou, sobre todo, xacementos arqueolóxicos. Mais a min preocúpame o que non está na beira do mar. Os conxuntos históricos, máis de trinta declarados en toda Galicia, non se respectan. Non hai máis que pasear por un deles logo dunha noite de marcha. E o patrimonio que hai no rural, en zonas deshabitadas e espalladas. Porque ademais non podes ter un policía en cada igrexa que vixíe ese patrimonio.
P. A que se debe o rebumbio de actuacións como a das Burgas ou o Auditorio de Lugo?
R. As intervencións en ámbito urbano teñen moita máis transcendencia mediática. Pero, por exemplo, nas Burgas abriuse un expediente por razóns obxectivas e houbo informes técnicos que o apoiaron. A polémica que vén detrás, dende o punto de vista de Patrimonio, dános igual. Non podemos pensar niso cando decidimos unha intervención. Amais, a isto obríganos a lei.
P. Até que punto se practica a colaboración entre as distintas administracións na defensa do patrimonio?
R. Sempre é desexábel unha meirande colaboración entre administracións. Nos concellos, que son fundamentais, hainos exemplares e hai outros que, por dicilo suavemente, non som exemplares. Aínda que digan o contrario e presuman de patrimonio, no intre de se poñer a funcionar e de actuar para protexelo, a cousa cambia. Sucedeu cos camiños de Santiago, que todo o mundo reclamou e onde non se cumpriu, logo, as obrigas de patrimonio para a conservación.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
¿Tienes una suscripción de empresa? Accede aquí para contratar más cuentas.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.
Archivado En
Últimas noticias
Rusia amenaza con romper las negociaciones tras acusar a Ucrania de atacar una residencia de Putin
La San Silvestre Vallecana provocará cortes de tráfico en varias calles de Madrid durante todo el 31 de diciembre
La Audiencia Nacional avala la decisión de Robles de retirar el nombre de Franco a una bandera de la Legión
Muere Cecilia Giménez, la mujer que hizo famoso el Ecce Hommo de Borja
Lo más visto
- Europa entra en estado de alerta ante la embestida estratégica de Trump
- La larga sombra del hijo único: China paga con una crisis demográfica su mayor experimento social
- Los grandes derrotados del Gordo de Navidad de Villamanín, 15 jóvenes de entre 18 y 25 años: “Hoy hemos perdido amigos”
- ¿Qué pasa si uno solo de los ganadores del Gordo de Villamanín decide denunciar?
- El giro del PP con Vox: de prometer no gobernar con la extrema derecha a normalizarlo tras el resultado en Extremadura




























































