_
_
_
_
Reportaje:ESPAZO CONSTRUIDO | LUCES

Nova arquitectura na Galicia do século XXI

Grandes figuras estatais e internacionais deixan a súa pegada nas cidades galegas

Nuns tempos nos que en Galicia se está a falar máis ca nunca do feísmo na paixase cáseque pasa desapercibido o feito de que as cidades galegas contan cada vez cun maior número de edificios e espazos públicos deseñados por grandes nomes do panorama nacional e internacional da arquitectura. Nalgúns casos trátase de exemplos illados dentro dun escenario que segue a caracterizarse pola existencia de rúas ou barrios nos que conviven edificios de factura moi diversa. Sen embargo, ás veces, lógrase un certo efecto imitación e a presenza dun só edificio serve para que os que están arredor comecen a preguntarse se a súa apariencia é a máis apropiada para ese contorno.

Actuacións como a que levou a cabo o arquitecto sevillano Guillermo Vázquez Consuegra para reformar o bordo litoral do porto de Vigo serviron para cambiar por completo o aspecto físico e humano dunha parte da cidade que agora se converteu nun dos espazos de lecer preferido polos vigueses. É un claro exemplo de como unha actuación urbanísticos pode alterar radicalmente a vida das persoas que viven nunha zona determinada ou nas súas proximidades. O proxecto recibiu o Premio da Arquitectura Española no ano 2005.

Fronte ao que sucedeu neste caso a obra máis emblemática dun arquitecto estranxeiro en Galicia, a Cidade da Cultura, ten aínda o reto pendente de darse a coñecer aos propios cidadáns de Santiago e resolver a súa integración na cidade. O éxito do proxecto deseñado polo estadounidense dependerá de moitas variables pero, sen dúbida, unha delas será idear unha fórmula para que os edificios de Eisenman poidan romper a barreira física que os separa da cidade vella de Santiago, a outra cidade da cultura que xa existe e que polo momento mira con desconfianza cara a un complexo que só está presente nas vidas dos composteláns a través da silueta das torres realizadas polo arquitecto neoyorkino Hejduk, que se convertiron na imaxe máis coñecida do proxecto de Eisenman.

Quizais a integración chegue co uso que se faga dos edificios. Iso ocurreu no caso da Facultade de Xornalismo de Santiago, un edificio concibido polo arquitecto portugués Álvaro Siza, que xa deixara a súa pegada en Compostela coa realización do Centro Galego de Arte Contemporánea e do Parque de San Domingos de Bonaval. A harmonía das liñas que caracterizan as obras de Siza e os espazos diáfanos convertirónse nunha referencia envexada polos estudantes doutras facultades.

Un dos últimos convidados a esta serie de novos edificios é a nova sede da Fundación Caixa Galicia na Coruña, inaugurada hai menos dun ano. O desafío de construír un edificio nun espazo físico moi limitado foi encargado ao británico Nicholas Grimshaw, que decidiu construír unha torre cunha fachada de mármore blanco deitada cara diante. No deseño o arquitecto tivo moi en conta a vinculación da cidade co mar, de xeito que o conxunto da construcción semella unha onda mariña.

Hai máis exemplos da pegada da nova arquitectura nas cidades galegas, pero quizais o reto pendente sexa o de estender o modelo de edificios adecuados aos espazos nos que se constrúen por unha Galicia que sufriu demasiado o impacto do feísmo.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_