Luxemburgo mira a Galicia
A revista Abril, editada por un grupo de tradutores da Unión Europea residentes en Luxemburgo, dedica o seu último número á literatura galega. Co título Literatura Galega Agora, a publicación repasa a contemporaneidade literaria de Galicia a través de todos os xéneros. Creación e ensaio xúntanse en Abril baixo a coordinación conxunta da lectora de galego da universidade francesa de Rennes, Iria Sobrino Freire, e da profesora de tradución e interpretación da Universidade de Vigo, Lara Domínguez Araújo.
"Tentamos facer unha escolma do que pode ser representativo dentro da nosa literatura", explican as coordinadoras, "que non ten porque coincidir co que se toma por representativo desde fóra". "Quixemos ofrecer un posíbel panorama do que se está facendo e pensando agora no país, e que moitas veces non chega alén do Padornelo". "Aínda que evidentemente non están todos os que son", continúan.
Sobrino e Araújo destacan que a maioría das colaboracións do número 32 da revista son inéditas. "Como sabíamos que a revista se ía distribuír en Galicia, pensamos tamén no perfil dos lectores galegos e de aí que procurásemos textos non editados até agora", comentan. Sete narradores -entre eles Camilo Franco, Samuel Solleiro, Mario Regueira, Xesús Fraga ou Anxos Sumai-, dez poetas -de Xosé Luís Méndez Ferrín a Chus Pato ou a María Lado- e catro ensaístas -"trátase de ensaios, non de panorámicas", salientan as encargadas da recolleita, "arredor dos diferentes xéneros literarios"- elaboran o material de Abril, que aparece puntuada polas ilustracións en branco e negro do pintor luxemburgués nado en 1946 Robert Brandy.
Os contidos publicados están integramente escritos en galego. "Sabiamos que os lectores da revista serían, cando menos, lectores cunha mínima competencia en castelán", apuntan Sobrino e Araújo, "e quixemos facer unha edición bilingüe". Mais os problemas de espazo mudaron a intención inicial. "Finalmente optamos por que os textos se publicasen en galego cun breve glosario galego- castelán ao final das páxinas", afirman as coordinadoras.
Abril publícase semestralmente en Luxemburgo desde 1991. Fundada e dirixida por tradutores da Unión Europea e cun consello de redacción de cinco persoas, a revista xa ten acollido autores de máis de 35 países e dos cinco continentes. Cunha distribución baseada nas subscricións individuais, o número 32, Literatura Galega Agora, entrará no sistema galego de bibliotecas a través da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
Malia a que a revista Abril se concibiu inicialmente, segundo o seu redactor José Holguera, cunha "fervorosamente buscada falta de apoios publicitarios ou institucionais", o último exemplar da publicación, Literatura Galega Agora, fíxose posíbel con financiamento da Consellería de Cultura da Xunta e do seu homólogo ministerial luxemburgués.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
¿Tienes una suscripción de empresa? Accede aquí para contratar más cuentas.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.
Archivado En
Últimas noticias
Las 10 mejores películas de Brigitte Bardot: de ‘Y Dios creó a la mujer’ a ‘La verdad’ y ‘¡Viva María!’
Parecen inocentadas: las 10 noticias reales más surrealistas de la última década
Muere el empresario Carles Vilarrubí, pilar de la creación de Catalunya Ràdio y exvicepresidente del Barça, a los 71 años
Brigitte Bardot, una vida en imágenes
Lo más visto
- Los grandes derrotados del Gordo de Navidad de Villamanín, 15 jóvenes de entre 18 y 25 años: “Hoy hemos perdido amigos”
- ¿Qué pasa si uno solo de los ganadores del Gordo de Villamanín decide denunciar?
- Europa entra en estado de alerta ante la embestida estratégica de Trump
- El alpinista Simone Moro sobrevive a un infarto a 5.000 metros y anuncia la creación de un servicio de rescate aéreo en el Karakoram de Pakistán
- Acuerdo en Villamanín por el Gordo sin repartir: la comisión de fiestas cede más de dos millones por la paz del pueblo




























































