_
_
_
_
Entrevista:UQUI PERMUI | Artista | LUCES

"Galicia é un caos"

Di de si mesma que "compaxina o traballo gráfico no estudo de deseño e comunicación visual Uqui /Cebra coa creación de proxectos, utilizando en moitos deles a linguaxe publicitaria como forma de expresión". Efectivamente, Uqui Permui (Barallobre, 1964) non cabe na etiqueta de deseñadora. Pola contra, é necesario recorrer á definición de creadora total con ramificacións na videocreación ou a intervención na rúa. O seu estudo na Porta de Amio (Santiago) é unha simbiose que combina a dureza árida do formigón coa transparencia lúcida do cristal. Do outro lado da rúa, un galpón de uralitas acubilla ferranchos e galiñas.

P. ¿Que pensas cando miras cara a fóra?

R. Galicia é un caos pero creo que é necesario aceptármonos tal e como somos. Ás veces parece que todo exercicio de promoción do interior no exterior non é máis ca unha postura de cara á galería. Somos unha mestura estraña pero é necesario asumilo en vez de criticalo con odio. Non creo que nos conveña estármonos laiando de que non somos perfectos e de que temos unha ordenación urbanística caótica. Isto non debe ser entendido como unha agresión senón asumido con naturalidade. Preocúpame máis a necesidade de construír cidades para vivir e non para observar.

Más información
Mil 'rosalías' máis

P. A túa publicación Entrecruzar reflexiona sobre o concepto de identidade. ¿Que somos?

R. A idea da publicación xorde da historia da bandeira galega. Como a partir da lembranza da bandeira marítima da Coruña que despedía os exiliados, se construíu unha referencia visual que deu pé ao deseño da franxa azul sobre branco, que cando volveu cruzar o Atlántico foi adoptada como icono oficial. A resposta de case cen artistas a esta proposta resultou unha sorpresa. A pluralidade facilitou a construción dunha imaxe poliédrica de país. Gústame o reflexo que nos dá este espello de nós mesmos. Non é compracente pero si orgullosa.

P. Corpos de producción, fraguado con María Ruído, aglutinou a mirada de artistas, filósofas e camiñantes arredor dun discurso crítico e feminista lanzado dende anuncios publicitarios nas rúas de Santiago.

R. Busco sempre a provocación. Non quero dicirlle á xente o que ten que pensar senón que eles se movan por libre elección. Trato de estimular a través de mensaxes que evidencian a realidade e que provoquen unha reacción no espectador. Sen dirixismos. Por iso non quero unha muller vítima, nin estraña, nin heroína. Fuxo tamén de paternalismos. Quero estimular ao receptor, buscar a súa reacción activa.

P. Unha vez máis, o traballo colectivo. Resulta estraña esta obsesión nun mundo tan individualista.

R. Sós somos moi pouca cousa. En cambio, cando moitas mentes se poñen a traballar saen resultados moito máis atractivos. É difícil, hai que ceder e dialogar pero iso é o interesante do traballo colectivo. A asociación avanza moi lentamente, pero creo que realmente é importante. O traballo conxunto fainos máis fortes e máis ricos.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_