_
_
_
_
RECORTANDO ILLAMENTO

Descargas a 10 megas na alma do Courel

Veciños de aldeas ás que non chega o cable impulsan o sistema guifi.net para ter alta velocidade sen fíos

Manolo, usuario de 'guifi.net', conéctase a alta velocidade dende o Val de Lóuzara.
Manolo, usuario de 'guifi.net', conéctase a alta velocidade dende o Val de Lóuzara.PEDRO AGRELO

O cable da Internet non chega a todas as zonas da Galicia moderna. De feito, chega a poucas. En pleno ano 2012, só as grandes cidades e os núcleos urbanos dos concellos contan cunha boa conexión. Na maioría de zonas do rural teñen que usar un pincho móbil —tecnoloxía 3G— para conectarse cun sinal non moi bo e bastante caro. A outra opción é un anacrónico e barulleiro módem telefónico.

Manolo é unha excepción. Vive en Teixeira, unha aldea que está a 1.200 metros de altitude, no Val de Lóuzara, na parte do municipio de Samos que xa quere ir subindo ao Courel. Aquí non chega nin o ADSL nin a fibra óptica. Este veciño leva xa 13 anos desprazándose nunha cadeira de rodas tras sufrir un accidente. Adoita consultar a prensa todos os días, enviar correos ou comunicarse nas redes sociais. Tamén gusta de aproveitar os seus 10 megas para escoitar música ou para ver algún filme. Xa fixo un curso en liña sobre o comercio na bolsa de valores e agora está facendo o segundo. Hai ano e medio, antes da chegada da rede guifi.net, o punto máis próximo de conexión para Manolo era Sarria, a 37 quilómetros da súa illada morada. Este desprazamento, xa de por si complicado, limita moito máis a quen se ha de mover en cadeira de rodas.

“Isto é o futuro para o rural”. Todo son parabéns cando Manolo fala de guifi.net. Esta iniciativa cidadá xurdida en Cataluña hai xa oito anos é o que lle permite parolar cos amigos a través do computador. Na súa zona foi a asociación cultural Valongo a que instalou a rede. O seu funcionamento é similar á Intranet dunha empresa. Consiste nunha rede de ordenadores conectados entre si. Deste xeito, basta con que un deles estea conectado á Internet para darlle entrada ao resto de computadores. Unhas grandes antenas ligadas entre si —os macronodos—, son a columna vertebral do sistema. Colócanse nos puntos altos das montañas, en edificios ou postes de luz. A través de ondas do espectro radioeléctrido ceibes de licenza transmiten un sinal a distancias de até 25 quilómetros. Así, cunhas pequenas antenas ou nodos en cada casa —que poden custar arredor de 30 ou 50 euros— os computadores conéctanse a esta rede común.

Manolo só paga 40 euros ao ano por ser socio de Valongo e ter dereito de acceso total á Internet. A velocidade, a mesma que pode ter calquera vivenda da cidade cunha teleoperadora convencional pagando 40 euros mensuais, ou o que é o mesmo, 480 euros ao ano. A clave de guifi.net está en que son os mesmos usuarios os propietarios destas pequenas redes veciñais, e partillan entre todos o pago da única conexión á Internet que teñen. Esta forma de propiedade popular permite que sexa cada comunidade ou cada aldea a que se poña as súas propias condicións de uso e pago do servizo.

A experiencia de Lóuzara non é a única. Mario Vila, que foi o encargado de pular pola rede guifi.net na montaña luguesa, dá unha cifra aproximada de 90 familias que usan este sistema en toda Galicia. O proxecto aínda é moi cativo e só leva ano e medio en andamento. Outras zonas que comezaron a instalar as súas antenas naquela altura foron algunhas parroquias da comarca de Betanzos ou a parroquia de San Martiño de Louseiro, no leste de Sarria.

Aquí é a asociación Os Gorriós a que impulsa a conexión. Os veciños abonan sete euros ao mes por estar asociados e ter acceso á rede. Un total de 25 casas navegan a alta velocidade desde o pasado outono. Xosé Anxo Quintana, o responsable de pór en andamento esta rede guifi, explica que artellar esta rede se converteu nunha necesidade. “O pincho móbil USB non ofrecía boa conexión e o plan da Xunta para levar a Internet ao rural non dá cobertura en Louseiro”. Agora, grazas a tres antenas de entre 200 e 300 euros, —o prezo varía en función das características técnicas que requira cada zona— conseguiron estirar a Internet dende o cable que remata en Sarria.

Na comarca de Betanzos a asociación cultural Muiño.net-o partilla Internet sen cobrar nada entre sete casas repartidas en tres concellos: Miño, de onde sacan o primeiro enlace a Internet, Paderne e Irixoa. O proxecto alí tamén naceu para responder ás eivas da Administración Pública e das teleoperadoras, ás que non lles é rendible ofrecer estes servizos no rural. Daniel, o impulsor desta “illa” en Ourovello, comenta que, aínda que os que lle deron pulo á iniciativa foron os mozos da zona, agora se conseguiu introducir a xente maior que nunca tivera contacto co universo dixital, aos que se lles conseguiron computadores “reciclados”, de segunda man.

Manolo, o de Teixeira, é só un galego máis dos poucos aos que guifi.net lles conseguiu facilitar a vida. Estas redes cívicas aínda son moi pequenas e esta alternativa é pouco coñecida. En Cataluña, onde o fenómeno atopa a súa orixe, a rede guifi está moito máis desenvolvida. Conseguiuse introducir en cidades como Vic, onde a pesar de contar con liña ADSL a xente prefire usar esta rede comunitaria polo seu baixo prezo.

En 2008 constitúese a Fundació Guifi.net, sen ánimo de lucro, para difundir a iniciativa e poder optar a axudas públicas que lle dean pulo a estas redes. Lluís Dalmau, o secretario da fundación, resume a filosofía do proxecto con tres adxectivos: “É unha rede aberta, libre e neutral. Todo o mundo pode saber como está construída, dálle liberdade de conexión aos usuarios e non hai ningún filtro de contidos”. Grazas a un “cacharro” bastante sinxelo, que é como Lluís chama ás antenas no barallete tecnolóxico, conseguiron crebar a fenda dixital.

A situación en Cataluña contrasta coa galega. Alí son milleiros de cataláns os que contan xa con Internet de alta velocidade a pesar de ter baixos ingresos ou vivir en zonas do rural sen cable de rede. O tempo saberá se en Galicia as antenas conseguen traspasar as montañas e conectar outros galegos entre si e co resto do mundo. Que a secular dispersión sexa só xeográfica.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_