_
_
_
_

Sobre debates e silencios

Concordo coa profesora Helena Miguélez Carballeira (EL PAÍS, 30 de Marzo) no positivo que resulta promover un debate aberto sobre a literatura e a crítica literaria galega fóra de círculos académicos, tantas veces endogámicos e narcisistas. Este xornal é boa proba disto. Igualmente, estou de acordo en que a crítica dos críticos non conleva, obviamente, coñecemento persoal dos mesmos. Faltaría máis: falamos pola nosa obra, mais, por isto mesmo, é pedíbel que se nos xulgue por ela, polo que dicemos e facemos e non polo que outros/as din que dicemos e facemos. Discrepo abertamente, en troca, dos xuízos que, a seguir, expón no seu artigo. Vexamos a secuencia sumaria dos feitos, lamentabelmente repetida no noso panorama cultural. Desde o comezo do que gosto de chamar “autoanemia”, a persoa e a obra do profesor Carvalho Calero foron ignoradas, cando non desprezadas olimpicamente. Non cabía nen cadraba no estreito e regulado marco previsto e imposto para as letras galegas e, a este respeito, a cuestión normativa foi un magnífico pretexto para conseguir aquel propósito. Outros axentes atenderon aos seus méritos e puxeron en valor unha obra de moitas décadas. Deamos agora un salto no tempo: 22 anos após a súa morte, o escritor Suso de Toro comete o incríbel pecado de ponderar a importancia dos seus estudos e de lamentar que traballo basilar e acumulación crítica tan densa non sexan tidos debidamente en conta. Daquela, milagre!, prodúcese a resurreición. O morto vive! Mais non para o xulgar conforme á totalidade da súa obra, senón para o facer reo de patriarcalismo, sexismo, erotomanía e algúns defeitos máis.

Quen quer situar na historia, no contexto e nas limitacións da súa óptica masculina, son eu. Iso foi o que quixen indicar cando, con brevidade obrigada, me referín a que, en falándomos de homes, o machismo é un pleonasmo. Toda xeralización, como esta, que poda caír no esencialismo, é inxusta e incerta, ben o sei. Mais o que quixen subliñar é que todos os homes, sen excepción, da idade de Carvalho foron fillos do seu tempo e reos do sexismo reinante. Ante isto, podemos laminar toda a historia por inservíbel ou podemos afinar un pouco e estabelecer diferenzas notorias, vg., o Padre Feixoo ou o Padre Sarmiento chaman a atención polo contrario dos seus colegas intelectuais; J. S. Mill, ou Condorcet ou Fourier, é de supoñer que non os meteremos a eito na tropa dos misóxinos tradicionais. Na mesma liña, Carvalho estudou co maior rigor científico e paixón a obra de Rosalía de Castro durante toda a súa vida. Isto non é un detalle menor. Que a “des-sexualiza” para lle outorgar o maior valor? É certo, mais advirto que proclamar que a nosa escritora foi quen foi grazas a e non a pesar de ser muller está máis que dito e escrito desde hai ben anos. Sirva de exemplo que boa parte do profesorado de literatura da Universidade de Santiago (USC) é impermeábel á obra sobre ela de Francisco Rodríguez, que, casualmente, defendeu no seu Paraninfo a primeira Tese de Doutoramento sobre a escritora hai nada menos que 24 anos!

A consideración sobre o físico da escritora. Claro que é un residuo sexista, mais digamos algo máis. Digamos que, no libro derivado da súa Tese, Marina Mayoral, por exemplo, afirma que “Rosalía era fea, y, además, de una fealdad poco aristocrática”, o cal non empece acertos varios que esta obra contén. Isto en 1974. Dous anos antes, Alonso Montero (sen que coñezamos que teña rectificado), nun libro moi lido, escrebe que Rosalía “poseía una pobre conciencia de la realidad y de las posibilidades de una cultura en gallego. Es cierto que ella puso sus cimientos, pero sin percatarse seriamente de ello porque su mente no estaba a la altura de los fenómenos politicoculturales que se estaban gestando. Rosalía fue, antes y después de este despiste histórico, una genial intuición poética”. Of course: como unha muller ía ser algo diferente do descrito? E, aínda: sabe a profesora Miguélez que profesores da USC, nos anos en que ela estudou, afirmaban que Rosalía, por ser “fea”, foi a Madrid “detrás” de Murguía, pois non podía desaproveitar a oportunidade do casamento con el?

Aclaro tamén que non me sinto “tutelada” a distancia por ninguén. Debedora, si, de moitos e moitas que me precederon, mais pupila de Pigmalión, para quen me coñece algo, non é un retrato que me acaia moito… Agradezo, en fin, á profesora Miguélez que se refira a min polo meu nome, tanto como lamento, máis unha vez, que o profesor Henrique Monteagudo, tamén no día 30 de Marzo, citando afirmacións miñas ou títulos meus, se permita omitilo completamente. Curioso proceder: ten medo do meu nome, profesor Monteagudo? Non tema: carece do menor poder talismánico ou fetichista, é un nome como outro calquera. Si lle recoñezo que avanzou, na táctica silenciadora, un paso máis: pasei de “polemista salientable” a que o artigo da profesora Miguélez “mereceu unha réplica” (de quen?). Para a próxima edición xa serei póstuma!

O artigo do profesor Monteagudo ten un título moi suxerente: Sexismo, gramática e discurso, que promete moito máis do que dá. Faime graza que se declare “a favor do feminismo” e o probe borrando o nome dunha servidora que, a teor de todas as evidencias, son muller e escritora. Brillante comezo, si, señor!, que diría don Ánxel Fole. Como non quero frivolizar sobre asunto tan serio como o que serve de título ao seu artigo, provocado polo informe do membro da RAE Ignacio Bosque, deixarei para mellor ocasión o tratamento que me merece. Direi só, como exemplo recente, que o Consorcio de Turismo da Coruña (para maior sarcasmo, dependente dunha concelleira) publicou un anuncio de contratación de “un coordinador”, “11 informadores turísticos” e “dos limpiadoras”. Modelo de equidade, abofé! Eis o problema: que as limpadoras gañen menos que os cristaleiros; que as gobernantas dos hoteis menos que os maîtres ou que as asistentas menos, claro está, que os asalariados masculinos… Miren por onde aquí o feminino laboral non ofende nada aos académicos sensíbeis ao tema como o sr. Bosque. Mais, insisto, isto é fariña doutro fol e así será tratada.

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_