_
_
_
_
Luces

Tres libriños d'O Moucho

'Refraneiro do viño', 'Barriga Verde' e 'Sal e pementa'

505 refráns arredor do viño compoñen o volume Refraneiro do viño, que hoxe sae á venda por un euro con EL PAÍS, coeditado pola editorial Galaxia e coa colaboración da Consellería de Cultura e Deporte. O Refraneiro do viño fai parte da colección O Moucho, que o editor e poeta Xosé María Álvarez Blázquez puxera en marcha entre 1967 e 1983 e da que agora Galaxia reedita con EL PAÍS unha escolla de 20 títulos.

As sentencias báquicas, "recollidas do pobo" reza a portada, foron compiladas polo propio Álvarez Blázquez, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano. A edición orixinal saíu á rúa en 1968, da man da editorial Castrelos, a través de feiras e mercados e librarías e mesmo ferraxerías. "Dispuxemos os refráns na forma versificada que na maioría dos casos lles corresponde, pra millor acusar ista mestría da sentenza popular, cuio engado radica, pois, tanto no que se dí como na forma en que se dí", escribía Álvarez Blázquez na Nota dos editores.

Os libriños d'O Moucho continúan o luns 5 de maio con Barriga Verde, a Farsa para bonecos do poeta Manuel María (1929-2004), tamén estreado en 1968. Pensado como texto para monicreques, en Barriga Verde comparecen sete personaxes: Barriga Verde, O Galego, A Moza, O Serrador, Crego, O Demo e Touro.

O vindeiro mércores, 7 de maio, chega aos quioscos a "escolma de epigramas" Sal e pementa. "O epigrama, que é un modo de chumbalagato do inxenio, pódese considerar creación do hispano-latino Marcial", comeza Xosé María Álvarez Blázquez o limiar do libriño. Entre Carré Aldao e Couceiro Freijomil, Sal e pementa xunta poemiñas, versos e cantigas de tradición popular para os que "compre o estrumento da fala afeita á fina retranca, á anfiboloxía irónica, ó xogo polivalente dos sobrentendidos [...]".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
SIGUE LEYENDO

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo

¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?

Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.

¿Por qué estás viendo esto?

Flecha

Tu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.

Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.

En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.

Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_