'Luces' adía a súa edición ata o sábado
Debido ao despregue informativo deste xornal polo anuncio de ETA de que abandona as armas, o suplemento cultural Luces adía a súa publicación ata o sábado. Nesta edición ofrecerase unha ampla reportaxe sobre as novas estratexias das editoriais galegas para facer fronte á crise e á irrupción do dixital, que inclúe unha conversa entre os directores de Xerais e Galaxia.


























































