_
_
_
_
_
AO VIVO | Luces

Á esquerda de Loquillo

A quincena bisesta, sen grandes convocatorias á espera do décimo Festival Sinsal, comeza esta noite cun veterano no Colón da Coruña: Loquillo leva ao seu terreo os versos Neruda, Octavio Paz, Gil de Biedma ou Salvat Papasseit na súa xira A solas. Rematará os días 2 e 3 de febreiro cos portugueses The Gift no Principal de Santiago e os valencianos Polock en La Fábrica de Chocolate de Vigo.

Os afeccionados ao ska e o rocksteady teñen dúas citas cos fineses The Walkyrians e os coruñeses Dandy Fever, hoxe en El Infierno (Vigo) e mañá na Mardi Gras (A Coruña). The Right Ons visitan esta noite a sala Karma de Pontevedra, as Nacys Rubias actúan mañá en Mogambo (Vigo) e o Liceo Mutante, tamén no Lérez, continúa programando grupos galegos -Len Drone o día 27- e de fóra, como os franceses Le Singe Blanc o 24.

Más información
A nova fichaxe de Discos Humeantes

Santiago acolle mañá o segundo Rock-A-Billy Boogie Night con Tete y Los Ciclones, The Kanaloas, Doctor Gringo e The Caravans. Por último, a británica Emmy The Great ofrecerá dous concertos consecutivos da man de SON Estrella Galicia: o 27 no Café Pop Torgal de Ourense e ao día seguinte no auditorio municipal de Vigo. Presenta dous discos: Virtue, segundo en solitario, e This Is Christmas, travesura navideña xunto a Tim Wheeler.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_